Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

¿Que pensan as nosas estrelas do festival de Cans?


Etiquetas: Festival de Cans

Cans, nun día, concentra en escasos metros cadrados a maior parte do 'star system' galego: as caras máis coñecidas do audiovisual codéanse cos veciños do Porriño como pola súa casa. Os políticos tamén se arremangan a grabata, e baixan coñecer o que se coce no lado alternativo. Nós, chantámoslle un micrófono diante, e deixámolos que falen de Cans e do cine galego, e aquí recollemos algunhas das impresións que nos deixaron.

Eliana Martíns (Cans).



Mabel Ribera (actriz): "Unha das cousas máis frikis que este ano se puido ver é un cartel elecotral dun señor qu ese parece a Míster Bin". "Paréceme un punto de encontro informal. Gustaríame que sen perder o glamour perralleiro, que manteña ou que sba o nivel de esixencias dos traballos". "O que nos pode vender mellor fóra de aquí e que realmente avancemos no audiovisual é a calidade. Eu esixo formación de nivelón, levamos 20 anos e non podemos pedir menos".

Camila Bossa (actriz): "Cans ten espontaneidade, cercanía, glamour que non é o que nos venden nos outros festivais, e participación. Hai xente falando, vendo cine nos jalpóns, enborrachándose, participando". "Son fundadora de Cans, dende o primeiro ano, e espero non faltar ningún".

Marcos Correa (actor): "Destaco a calidade das producións. Este ano está reñida a calidade e iso é bo para todos. Hai ideas moi boas, un traballo de actores e directores, creo que por fin podemos falar de talento no audiovisual galego".

Víctor Fabregas (actor): "Eu topeime co Festival de Cans a través dunha invitación de Pato. VIn pasar unhas horas, atopei unha acollida impresionante, e marchei ao día seguinte. Agora, ameazo con volver cada ano". "Son membro do xurado, e estivemos case dúas horas deliberando. A calidade foi superior ás 3 anteriores edicións".

Manolo Fernández (Director Xeral de Comunicación Audiovisual): "Este festival é unha referencia en Galicia. A única forma que teñen os festivais de sobrevivir non sendo tipo San Sebastián, é tendo unha característica que os faga únicos. É o que ocorre aquí, pola súa orixinalidade". "Fun a todas as proxeccións, e hai calidade. O fenómeno curtametraxe está tendo un rexurdimento brutal. O audiovisual está nun momento moi doce".

Morris (actor): "O festival en si, é distinto, empezou pola coña de Cannes. Creo que os festivais alternativos van máis arriba, é Cans é o máis alternativo". "Creo que cada ano teñen máis nivel, é xente xa profesional, e pode facerse un festival de nivel".

Mariana Carballal (actriz): "Ves á xente da vila gozar, emtregarse, bailar, todo é lúdico, podemos beber, un disfrutón... Por iso cada ano hai máis xente." "Teñen unhas niveis as curtas, un nivelón, están detrás xente que sabe de realización, de dirección de actores, unha variedade de xénero. Este festival é unha idea marabillosa, hai que exportalo".

Manolo Romón (actor e presentador): "Recunco por terceiro ano. Non sei que ten de especial Cans, supoño que o que nos tira é o rollo cutre, ese glamour, e a cervexa a un euro".

Miguel de Lira (actor): "A idea é exportable. Non fai falta cidades da cultura. A organización debería analizar o que teñen, a nosa ambición é de ir a máis, cada ano hai máis actividades. Cando a idea é boa, a partires de aí hai que traballala, pero agora chegou ao punto de que é excesiva. Hai demasiadas cámaras. Non debería crecer máis por aí, si pola calidade".

Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural): "É unha festa auténtica, do cine e da cultura galega. Cada ano vai a máis, este ano ampliou as súas actividades e creo que ten un futuro esplendoroso". "O audiovisual, se falamos de produción industrial, hai pouco de cine galego, aínda que esperamos abrir novas vías dende a televisión. Ten que ter unha presenza de máis público, novos formatos".

A conclusión de todos: entre Cannes e Cans, quedamos no Porriño.

27/05/2007

4'8 (9 votos)

COMENTARIOS

#1 chisquinha
29-05-2007 13:49

Un 10 para CANS!!! Non hai outro festival no mundo coma este! É o contrario do glamour e por iso gusta... vas, desfrutas, ris, escoitas música...sen importar quen es, os cartos que tes (case todo é gratuito) nin como vas vestido... afortunadamente o que importa é o que vas ver e non o envoltorio. Por iso ten tanta acollida o festival.
Teno todo! e por iso, parece mentira que haxa persoas que traten de apropiarse do mérito doutros. Que eu saiba, quen fundou o festival é a ASOCIACIÓN ARELA e ALFONSO PATO (o director) e nin nos créditos, nin nos agradecementos aparece mención algunha a autoproclamada como fundadora do FESTIVAL DE CANS Camila Bossa... sempre hai unha "Estrellita Castro" para dar a nota!

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Información relacionada

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso