Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

'Sen chumbo', triunfadora en Cans


Etiquetas: Festival de Cans

Eliana Martíns (Cans).

Todo o bo remata, así que o Festival de Cans pechaba esta noite as súas cancelas ata o ano que ven, e facía cos galardóns pertinentes. "Sen Chumbo", dirixida por Jorge Saavedra, facíase con 3 dos ansiados 6 cadeliños. A comedia negra sobre o atraco a unha gasolineira recibíu o galardón á mellor actriz pola interpretación de Cristina Castaño, ao mellor actor por Julio Abonjo e o máis codiciado, o de mellor curta de fición.

O público de Cans tamén entregou os seus dous premios. O da mellor curta de animación foi para "A flor máis grande do mundo", que recolleu a produtora Chelo Loureiro no nome de Juan Pablo Etxeberry, director do filme que se atopaba en Italia. Unha cinta en plastilina do creador de 'Minotauromaquia', que xa recibira dous premios en Cans. Dende o palco, Loureiro agradeceu o galardón para esta versión dun conto de Saramago e reivindicou "unha Galicia sen complexos".

O outro premio foi á mellor curta de fición, que o público concedeu a "Tempada 92-93", que recolleron os protagonistas, Miguel de Lira e Carlos Blanco, unha historia que como recordou Miguel era curiosamente "unha historia do Celta que estaba a punto de baixar a segunda división". 

O xurado outorgoulle o galardón de animación a "Promesa", de Fernando Cortizo, quen ao recoller a estatuíña asegurou que ese premio "garante máis anos de apoio para o audiovisual". Finalmente, e de xeito extraordinario, o xurado decidíu outorgar unha mención a unha curta polo mérito que tivo e pola súa frescura, foi a "As carreiras secretas".

Jalpón friki
Os habitantes do Jalpón friki non tiveron premios, pero xunto coa barra na que se servían cañas a 1 euro, foi o lugar máis visitado. Alí, a troupe dunha das curtas máis aclamadas e que máis éxito está a ter na rede, Mariña D'Or, posou para Xeración, e celebrou as máis de 10.000 descargas en Youtube.

Unha produción de Lara Bacelo, Miguel de Lira, Pepe Penabade e Pepa Yáñez que foi estreada na Nasa, e que hoxe triunfa na rede galega. Ademais, adiantáronnos que están a preparar unha sorpresa para celebrar esas 10.000 visitas, así que estaremos atentos.

27/05/2007

5'0 (13 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Jorge Saavedra, director de 'Sen chumbo' e triunfador desta edición do Festival (foto: Eliana Martins)
Jorge Saavedra, director de 'Sen chumbo' e triunfador desta edición do Festival (foto: Eliana Martins)
A 'troupe' de Mariña D'or, o megahit do Youtube (Foto: Eliana Martins)
A 'troupe' de Mariña D'or, o megahit do Youtube (Foto: Eliana Martins)

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso