Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Elianinha en Cans

Coloquio na leira: "Se a televisión vai ao comercial, imos converter o cine niso?"


Etiquetas: Festival de Cans

Eliana Martíns (Cans).

"Ven, vouche ensinar as ghaliñas". Alicia, veciña de Cans, é propietaria do jalpón friki e máis da leira na que Tristán Ulloa vai participar nun coloquio, así que como boa anfitriona ensínalle as ghaliñas e ghalpóns ao actor e director, "virxe" nas lides do agroglamour. Alicia está encantada, a tele ven detrás, varias cámaras de fotos, e ela xa está acostumada a lidiar cos medios.

Ulloa flipa un pouco, pero moi rápido capta o estilo de Cans e déixase levar. O coloquio na leira, no que participan Pato, director do festival, e Antón Reixa, déixanos cun sabor agridoce do audiovisual galego e español. Houbo espazo para crítica, á audiencia pero tamén a máis complicada, a propia. Unha revisión ao sector ameazado polo mostro norteamericano nunha leira de Cans.

Antón Reixa foi o encargado de presentar a Tristán Ulloa, "o noso Clint Eastwood" polo seu traballo de actor e director, do que destacou a súa "técnica depuradísima". Pudor, a película dirixida por Tristán e o seu irmán David, "é unha das películas máis intelixentes do cine español, perfectamente escrita e cunha riqueza enorme", dixo Reixa. Un cine do que se sente ás veces alleo, tendo en conta que a cinta que mellores datos colleitou na billeteira foi 'Equipo Ja'.

Crise do cine

Ulloa considera 'Pudor' como un "soño feito realidade", e non descarta volver a dirixir, "o que me chame no momento". Da crise do cine, tema manido, arricou falando cunha autocrítica, "non sei ata que punto depende de nós", aínda que houbo paus para todos, "fanse menos pelis que co Goberno anterior, estamos esperando un xesto da Ministra", cunhas leis do cine "continuístas".

As televisións non apostan polo cine español, porque non dan beneficios, pero Ulloa cre que a cuestión vai máis alá, "dáme a sensación de que hai xente que non querería que estivesemos aquí". Antonio Durán, "Morris", tamén quixo facer unha crítica, xa que "unha tele do novo goberno segue programando cine de aquí á unha da mañá, non no prime time. Nós caímos no propio xogo".

Un factor sobre o que se volveu moito no debate foi o da valorización do cine. "Ata que tomemos conciencia de que isto é o noso patrimonio, o que nos exporta, o audiovisual non vai saír da crise". Unha cultura, a española, de sempre valorar máis o que chega de fóra. "Encántano ver caer á xente, ver á Pantoja entrando no cárcere", concluíu Tristán.

Desconexión co público
"Vivimos de espaldas ao que demanda o público, hai unha desconexión", respondeu Tristán cando Manquiña preguntou pola falta de historias que enganchen á audiencia. Pelis como 'Torrente' saíron mencionadas como exemplos de cine español que funcionan, que son "necesarias" segundo Ulloa, mentres que as outras "requiren un esforzo".

Vendo que Manquiña insistía na percepción do cine como negocio, defendendo a versión máis comercial, Ulloa recorreu á televisión para matizar. "Se a televisión vai ao comercial, ao que dá beneficios", en referencia ao telelixo, "imos converter o cine niso?".

"¿Hai alguén aquí que nunca pirateara unha peli?", unha pregunta lanzada por Reixa que deixou en evidencia na leira porriñesa un paradoxo. "Nunca se consumiu tanto cine como agora. O grande éxito é que están no Emule".

Espazos alternativos
"Mirade o Festival de Cans. Mentres que en Cannes a actividade dos negocios caíu un 40% nesta edición, aquí segue medrando ano a ano", un feito no que Reixa quixo incidir. "Non sei se deberiamos ser máis alternativos, aquí hai público e moito talento".

A conclusión lanzouna Morris, "o alternativo segue subindo, estrear unha película en Cans vai ter máis prestixio que facelo na Gran Vía madrileña".

Longa vida a Cans, pois.


26/05/2007

5'0 (2 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A señora Alicia foi a anfitriona do coloquio das leiras (Fotos: Eliana Martins)
A señora Alicia foi a anfitriona do coloquio das leiras (Fotos: Eliana Martins)

Información relacionada

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso