Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Elianinha en Cans

Unidos por un chimpín, e con pedigree


Etiquetas: Festival de Cans

Eliana Martíns (Cans).

Con todo o jlamour que require a historia, Cans entregou a primeira sesión de premios. Os homenaxeados non baixaron da limusina, senón do chimpibús, e tampouco foron a ningún gran teatro, senón que unha carpa protexía o torreiro de Cans, no adro da Igrexa, para acoller ás máis de 300 persoas e personalidades que ata alí se desprazaron. Tampouco había Oscars, senón Candáns en pedra (como non, estando en Porriño).

Cada edición, a Asociación Arela entrega un galardón a un veciño e a unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival. A primeira en subir a recibir o chimpín de prata foi Teté Delgado, unha fiel do Festival, que animou a "vir e disfrutalo", e que se comprometeu a "seguir espallando a palabra de Cans".

Logo foi o turno de Paco Candán, escultor e autor das figuras que serven de agasallo e que fixo unhas declaracións estremecedoras: "eu con Teté teño unha historia". Cando todos esperabamos o detalle morboso, soltou un "hai anos, cando ía ao Porriño, adoitaba traer a Teté na miña Vespa Primavera. E quen me ía dicir a min que iamos compartir chimpín".

Pedigree
Pero o protagonista da noite foi Antón Reixa, artista multimedia, que recibiu o Premio de Honra, Pedigree07, de mans dun mudo alcalde Raúl Francés. "Non estou afeito a recibir premios", dixo Reixa, e dixo que o Pedigree  "ten que ver con que formo parte da primeira xeración de galegos sen complexos".

"Estou ben en Cans porque aquí está abrindo os ollos o audiovisual galego". Agora que ten Pedigree, Reixa sabe que é "un palleiro auténtico", e asegurou que seguirá practicando a "promiscuidade artística".

26/05/2007

5'0 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Teté Delgado e Antón Reixa, recollen os seus esperados galardóns (Foto: Elianan Martins)
Teté Delgado e Antón Reixa, recollen os seus esperados galardóns (Foto: Elianan Martins)

Información relacionada

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso