Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

¿Falso alarmismo no cambio climático?


Etiquetas: medio ambiente, cambio climático

Juan Castro (Santiago).

O xeólogo e presidente da European Polar Board, Carlo Alberto Ricci, contradí nun informe as conclusións do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático afirmando que “os polos non se van fundir en 50 anos; se a temperatura segue a aumentar, tardarían polo menos 1000 anos”. Ricci non pretende negar ou minimizar os efectos do cambio climático “É evidente que a Terra se está quentando, pero aínda non sabemos a magnitude. A variación de 2 ou 3 graos podería explicarse en base a ciclos climáticos, pero dende logo non os grandes cambios na atmosfera, que nunca se deran antes”. A intención de Ricci é enfocar axeitadamente a cuestión e sinalar que a comunidade científica non posúe aínda os datos necesarios.

A través do programa europeo Epica, no que Ricci participa, conseguise xeo de máis de un millón de anos de antigüidade, co que se sabe que neste período de tempo se deron cambios climáticos en ciclos de 100.000 anos.

Ricci, presidente da Comisión Italiana para a Antártida, expresou a súa confianza en que no Ano Polar Internacional, que se celebra ata o 2009, se poida avanzar no estudio e coñecemento das rexións polares e polo tanto do comportamento da Terra. “En 10 ou 15 anos, poderemos saber que causou os cambios climáticos no pasado e como van cambiar no futuro”.

Controversia
Malia isto, a opinión de Ricci contrasta fortemente coa do IPCC, o grupo intergubernamental sobre o cambio climático reunido baixo o paraugas da ONU. Este panel de expertos presentou este ano tres informes que levaron ó primeiro plano da actualidade os problemas medio ambientais.

No seu terceiro informe, o IPCC presentaba unha conclusión sorprendente: loitar contra o cambio climático resultará máis barato que seguir de brazos cruzados.

25/05/2007

2'3 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso