Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Artes plásticas

Can Parade: dos escaparates ás leiras


Etiquetas: Festival de Cans

Eliana Martíns (Cans).

Se te vas de escaparates por Porriño, poderás comprobar que hai uns cantos 'okupas' nos vidros dalgunhas tendas. A arte aquí non é simplemente cine, senón que chega tamén ten unha vertente máis plástica.

Quince artistas locais puxéronse mans á obra para reinterpretar a figura do Can do Festival. Cada artista utilizou a base dunha silueta de madeira que a organización lles facilitou, e os resultados saltan á vista. Os artistas utilizaron dende metacrilato, a céspede artifical, plástico, xeso, telas, revistas ou papel de parede.

Os comerciantes están encantados. Na óptica na que Ana traballa de dependenta, din que a xente se para a miralos e que se fixan máis no escaparate. Ofrecéronlle colocalo, e a verdade é que queda unha decoración moi orixinal.

Pero teñen os días contados, xa que este sábado a Can Parade abandona os cómodos comercios do centro Porriño para trasladarse ás leiras de Cans no día grande do festival. Ou acaso ían perderse o evento do que eles mesmos son protagonistas?


Created with Paul's flickrSLiDR.

24/05/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Información relacionada

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso