Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Código aberto

Avanza a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre


Etiquetas: software libre

Silvia Canabal (Santiago).

Dez empresas participaron na reunión para crear unha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Segundo informa Mancomún, os asistentes amosáronse "optimistas e dispostas a traballar para defender os intereses comúns e establecer redes de dinamización".

A partir do encontro, realizado na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago, formouse un grupo de traballo encargado de dar os primeiros pasos na constitución da Asociación. O organismo estará aberto a todas aquelas empresas que queiran integrarse nel.

Javier Vázquez, de Igalia, e Roberto Brenlla, de Agnix, informan hoxe nos seus blogs das conclusións da xuntanza e resumen a filosofía e obxectivos da Asociación:

  • Fomentar o software libre como ferramenta para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Fomentar e asesorar á Administración galega no proceso de migración cara o software de código aberto.
  • Promocionar a colaboración entre empresas locais e a relación coas empresas do resto do estado.

24/05/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso