
TOMA 4
Fin de festa do Festival10:07 Todo o bo remata, así que o Festival de Cans pechaba esta noite as súas cancelas ata o ano que ven, e facíao cos galardóns pertinentes. "Sen Chumbo", dirixida por Jorge Saavedra, conseguía 3 dos ansiados 6 cadeliños
03:25 Cans, nun día, concentra en escasos metros cadrados a maior parte do 'star system' galego. ¿Que opinan sobre Cans?
TOMA 3
Coloquio na leira: "Se a televisión vai ó comercial, imos converter o cine niso?"17:11 "Ven, vouche ensinar as ghaliñas". Alicia é propietaria da leira que acolle o coloquio onde, aparte das queixas, hai espazo para a autocrítica sobre o noso audiovisual
13:39 Con todo o jlamour que require a historia, Cans entregou a primeira sesión de premios. Os homenaxeados, directos dende o chimpibús ao adro da igrexa recolleron os ansiados galardóns
12:49 Juanjo Ramírez dirixiu durante cinco meses a 300 cacahuetes. Así, cun par de conguitos púxose á fronte dun proxecto que se cobixa no xénero do terror friki. Hai que ser moi friki para querer meter medo cuns cacahuetes...
11:19 Presentar a Antón Reixa non é cousa fácil. Hoxe é produtor á fronte de Filmanova, pero no seu currículum cabe dende director de cine e televisión, guionista, cantante e presentador de radio e tele. Un mestre do audiovisual galego, e dende esta fin de semana é ademais, Premio Honra Pedigree 07
09:13 Tarde de cine en Cans. Sentimos a chamada duns tambores que nos arrastran cun ritmo frenético cara ao bar de Moncho. Que nos agardará alí? Os bombos dos Bravos de Sâo Vicente? Cacahuetes asasinos?
TOMA 2
'Gritos en el pasillo'. Orgullo friki en Cans15:19 Se hoxe é o Día Internacional do Orgullo Friki, Cans non podía ser alleo a tal celebración, así que proxectará unha das pelis máis frikis da historia: 'Gritos en el pasillo'. Ou non é friki unha peli interpretada por cacahuetes?
10:04 Os primeiros representantes do famoseo e da vie en rose (Porriño) foron chegando ao Festival. A estrea mundial de 'Abrígate', de Ramón Costafreda, tivo que retrasarse unha hora polos problemas do protagonista, un guapísimo Félix Gómez que se perdeu polas infraestruturas pangalaicas
05:14 Videoclips, fotogramas a ritmo frenético nos que pouco reparamos pero entre as que hai verdadeiras obras de arte. Cans, como Festival de Curtas, antes ou despois tiña que renderse ao xénero
TOMA 1
Can Parade: dos escaparates ás leiras20:18 O Can do Festival transpasa os límites da pantalla e salta ó pequeno comercio grazas á imaxinación de varios artistas locais
17:33 Mentres os veciños se preparan a fondo para as estreas, un 'Wally' amarelo espera a que o atopen en cada rincón da vila
09:19 Xeración vai ó Festival de Cans da man de Elianinha. "Confirmado, isto é unha romaría. Se alguén pensa atopar só curtametraxes, que non veña. Cans é moito máis"
PRÓLOGO...
Cans, máis que un festival, unha festa22:00 Os rapaces de Arela preparan todo para o festival de cine galego máis auténtico: Cans trae unha edición que promete talento
14:03 A Can Parade xa está nas rúas do concello de Porriño, que reúne obras de 15 artistas emerxentes do Porriño, nas que se versionan a silueta do Can do Festival
É unha cita alternativa e divertida coas mellores curtametraxes galegas. Un peculiar festival que este ano chega a súa cuarta edición. De novo a aldea de Cans, no concello do Porriño (Pontevedra) convértese por uns días no epicentro do terremoto cinematográfico do país.
Non te equivoques, este é o auténtico. O que fan pola Costa Azul francesa non é máis que unha burda imitación...