Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Candidato popular á alcaldía de Ourense

Unha familia tradicional: 16 persoas censadas na casa de Poly Nóvoa


Etiquetas: fraude, Ourense, Ribadumia, Arbo, 27-M, eleccións

Eliana Martíns/AGN (Santiago/Ourense/Pontevedra).

O coordinador do PSOE en Ourense e conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, xa puxo en mans dos asesores xurídicos datos que corroboran a existencia de 16 persoas censadas no domicilio do alcalde de Ourense e candidato a reelección polo PP, Enrique 'Poly' Nóvoa.

O popular xustificou que isto non fora un empadronamento casual, senón que xa hai máis de 9 anos que na súa casa están censados a súa nai, a súa coidadora, a súa madriña e a súa filla, ademais de dous irmáns e as súas familias, porque a súa é unha familia tradicional e moi ampla.

Manuel Vázquez, pola súa parte, manifestou que todo apunta que algunhas de esas 16 persoas teñen residencia habitual fóra da cidade de Ourense e mesmo de Galicia. Por iso solicitoulle a dimisión inminente como alcalde da cidade porque a situación é "moi grave".

Ribadumia e Arbo
Non é Nóvoa o único sospeitoso de empadronamento masivo. Modesto Pose, coordinador do PSOE provincial de Pontevedra, denunciou onte que militantes e simpatizantes do PP nos concellos de Arbo censaran de xeito irregular a máis de 200 persoas. Pose asegurou que existe toda unha enxeñería electoral premeditada por parte do PP para falsear a vontade dos electores, traendo persoas de concellos nos que "cren que a súa vitoria está asegurada".

O socialista cre que se debe a que os responsables do PP "deben de estar preocupados polas alcaldías da provincia ou polo resultado na Diputación". O caso de Arbo sería o máis preocupante, xa que detectaron máis dun cento de persoas censadas en casas en ruinas ou abandonadas, sen que os seus propietarios o saiban. Mesmo na estación de tren están censadas 6 persoas.

23/05/2007

1'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre








Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso