Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Remata a primeira semana de campaña

Anxo Quintana: "somos nacionalistas, pero non parvos"


Etiquetas: Rubalcaba, Feijoo, Touriño, PPdeG, PSdeG, BNG, eleccións, 27-M, Quintana

AGN/Xeracion.

Quintana quixo pechar esta primeira semana de campaña en terreo amigo. E o escollido, como non, foi a Allariz, onde o actual líder do BNG foi alcalde durante 11 años. Non dubidou en asegurar que "o PP ten unha espiña cravada no corazón con Allariz".

O deporte colouse neste domingo de campaña, coa referencia á Volta a España que este ano sairá da vila alaricana. “Somos nacionalistas pero non parvos”, dixo facendo referencia os beneficios turísticos e publicitarios que a competición pode ter para o concello. “E aínda que sexamos republicanos e nacionalistas, aceptamos unha visita real ou unha volta a España”.

E é que o bo humor reinou no mítin, que pechou o candidato nacionalista á reelección co clásico eslogan, "Busque, compare e se encontra algo mellor vóteo".

Pola mañá, na parada que a campaña do BNG fixo en Cangas, a Lei de Dependencia volveu estar na axenda. Quintana asegurou que son os nacionalistas quen están a pór en marcha o sistema galego de dependencia, a pesar de que o PP  deixou "a menor tasa de prazas de residencias para xente maior (...) e iso que aquí estivo gobernando unha persoa do gremio, que era maior".

PSdeG: A escaleira de Rubalcaba e o Fórmula 1 de Vigo
A plana maior do PSdeG arroupou este domingo a Abel Caballero, candidato á alcaldía de Vigo, acompañados polo ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba, que botou man do tópico da escaleira.  Rubalcaba tachou de "superdesafortunado" considerar que os galegos non saben se  soben ou baixan pois nas últimas eleccións autonómicas decidiron nas urnas “subir e non baixar, ir e non volver, e votaron a Emilio (…) e saben que acertaron.”

En clave nacional, o ministro asegurou que Rajoy nin sequera ten a confianza de Corina Porro, lembrando que nun mitin reciente a actual alcaldesa de Vigo dixo que “Zapatero volverá dentro de catro anos como presidente a prometer o AVE”.

E se Rubalcaba botou man dos tópicos populares, Emilio Pérez Touriño recurríu a moda deportiva dos últimos anos. “Abel Caballero é o Fernando Alonso de Galicia (…) o espléndido coche de Formula 1 que Vigo necesita”. Curiosamente as enquisas danlle a Abel Caballero o mesmo posto que a Fernando Alonso na clasificación actual do Mundial: segundo.

O símil non acabou aquí, pois Touriño seguiu a insistir, dicindo que Vigo “conta cun motor de gran cilindrada, como é a industria automovílística e o naval e ten a mellor escudería, os vigueses e as viguesas”.

PPdG, “Unha parroquia: unha praza, un parque”
Núñez Feijoo declarouse esta tarde en Lalín “orgulloso” de que “a maioría do rural galego” vote ao PPdeG, porque “foi a xente do rural a que creou a Galicia das cidades”, e precisou que “ nunca olvidaremos” a súa intelixencia e traballo.

Feijoo lamentou que en Galicia non haxa boas novas para o rural, en referencia á perda de poboación, aos incendios ou á cota láctea. Fronte a esta situación, prometeu dotar de servizos o rural: “Lalín ten 52 parroquias”, e en todas elas haberá “unha rúa peatonal, unha praza e un parque”.

Co lema ‘Feitos, ideas e palabras’ o actual alcalde Xosé Crespo demostrou de novo que Lalín ‘is diferent’ con imitadores de José Luis Rodríguez Zapatero Anxo Quintana, José Bono ou Manuel Fraga que loubaron os proxectos do rexedor. “En Lalín gústanos innovar”, manifestou Crespo “mesmo se ás veces arriscamos demasiado”.

Tras ameazar con romper o Pacto Local despois dos próximos comicios, Crespo, que tamén é o actual presidente da  FEGAMP, afirmou que “non lle pido á Xunta que se volque con Lalín,  só que non estorbe, porque o proxecto de Lalín é imparable”.

O que fora eterno candidato a suceder a Manuel Fraga, e antigo alcalde da capital do Deza, Xosé Cuína, tamén fixo acto de presencia e non quedou atrás ó declarar que “Lalín non é Covadonga, pero a partir do 27 de maio comeza a reconquista para que Alberto Núñez Feijoo sexa o próximo presidente da Xunta".

21/05/2007

4'7 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Anxo Quintana nun mitin en Cangas (Pepe Ferrín, AGN)
Anxo Quintana nun mitin en Cangas (Pepe Ferrín, AGN)
Rubalcaba, Abel Caballero e Touriño, en Vigo (Sonia Daponte. AGN)
Rubalcaba, Abel Caballero e Touriño, en Vigo (Sonia Daponte. AGN)
Núñez Feijoo e Xosé Cuíña, cun cartel de Xosé Crespo ao fondo (Pepe Ferrín, AGN)
Núñez Feijoo e Xosé Cuíña, cun cartel de Xosé Crespo ao fondo (Pepe Ferrín, AGN)

Buscar máis información sobre











Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso