Eliana Martíns (Santiago).
Cans está a prepararse para acoller o festival de cine máis enxebre de Galicia. A Can Parade xa está nas rúas do concello de Porriño, que reúne obras de 15 artistas emerxentes do Porriño, nas que se versionan a silueta do Can do Festival, como se pode ver na web do festival.
O sábado 26, as obras de arte cambiarán de localización, para exhibilas polas leiras da parroquia de Cans.
Esta é unha das primeiras actividades relacionadas co certame que se vai celebrar en Cans entre 24 e o 26 de maio. Cada artista tivo como base unha silueta de madeira que transformaron ao seu antollo, aínda que dende a organización sinalan que teñen unha gran calidade.
19/05/2007