Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Aforro enerxético

Tecnoloxía galega para as farolas das rúas de Kuwait


Etiquetas: Kuwait, enerxía

Jacobo Rey. AGN (Santiago).

A empresa tecnolóxica galega Esinor, con sé na Coruña, está negociando co Goberno de Kuwait a instalación no país árabe do sistema 'Computer Craft', unha ferramenta desenvolvida integramente en Galicia e que permite controlar o alumado público reducindo o consumo e incrementado a súa eficiencia enerxética.

A próxima semana, unha delegación do Ministerio de Industria kuwaití coñecerá 'in situ' o funcionamento das instalacións de Esinor no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. Neste complexo, a comitiva árabe poderá comprobar o rendemento dun sistema capaz de reducir en máis dun 60% o gasto enerxético do alumado, deseñado en colaboración coa Universidade de Vigo e que xa estea presente nunha treintena de concellos.

Para levar a cabo esta operación, o Grupo Esinor irá da man da multinacional norteamericana General Electric. "Eles son os que poñen as luminarias, e nós o que facemos é venderlle a nosa tecnoloxía a General Electric porque neste momento non a ten. Trátase dunha tecnoloxía ao nivel máis alto en todo ou mundo", explica o director xerente do grupo, Manuel Lombardía.

Aforro enerxético
O éxito do sistema 'Computer Craft' baséase na súa capacidade para controlar, un a un, todos os puntos de luz que compoñen o alumado público dunha cidade ou municipio. Desta forma "o alumado funciona cando, onde e no momento en que é necesario", adaptando a potencia de cada farola ás horas de menos luz, os momentos de maior circulación viaria ou os días da semana nos que transita máis xente polas rúas.

A incidencia deste produto nos orzamentos municipais salta á vista. Nalgúns concellos -sobre todo rurais- o alumado chega a absorber o 20%, mentres que en cidades como A Coruña ou Vigo, o aforro pode alcanzar os 5 millóns de euros anuais.

Aínda que o sistema xa se está levando ao resto de España e a outros países da Unión Europea, 'Computer Craft' está colleitando grandes resultados en Galicia pola peculiaridade que supón a dispersión xeográfica existente na comunidade. "En Levante ou Andalucía hai un punto de luz por cada 10 habitantes, pero aquí atopámonos ou contrario: concellos que teñen máis puntos de luz que habitantes", explica Lombardía.

Á vez que 'Computer Craft' se vai abrindo camiño no estranxeiro, Esinor prevé presentar en breve novos produtos deseñados na mesma liña de aforro enerxético. Mentres tanto, o responsable defende a alta calidade dos profesionais da tecnoloxía en Galicia. "Contamos con profesionais pouco coñecidos e pouco valorados pero moi cualificados", sinala Lombardía como clave do éxito, por iso é polo que o feito de fabricar alta tecnoloxía na comunidade "non creo que sexa moito máis complicado" que noutras partes de España.

20/05/2007

4'3 (9 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso