Eliana Martíns/Susana Rodríguez. AGN (Santiago/Ferrol).
O ex presidente popular do Goberno, José María Aznar, visitou Ferrol para apoiar ao candidato Juan Juncal. Foi recibido por máis de 800 persoas a berros de "presidente, presidente", e quixo deixarlles unha mensaxe de tranquilidade: "Mentres o futuro de España corra perigo, oirase a miña voz".
Aznar arremeteu contra o PSOE, acusándoo de ter negociado con ETA mentres asinaba a Lei de Partidos no 2002. Expresou a súa alegría por estar en Galicia para apoiar "os mellores candidatos", e explicou que dende o PP apostan por investimentos para garantir a seguridade en España. “Nós fixemos as autoestradas para que se pudiese vir a Galicia”, asegurou o ex presidente e enfatizou que ninguén fixo tanto “por España e Galicia” como o PP nos anos en que estivo no poder.
Encantador, non 'sequerón'
José María Aznar fixo gala do seu peculiar sentido do humor, reconocendo a súa fama de “sequerón e antipático”, aínda que recordou que “a min non me pagaban para ser simpático nin antipático senón para gobernar España”. Ademais, puntualizou que “os que dicían que eu era un tío sequerón equivocábanse” porque “ sempre fun unha persona encantadora e sígoo sendo”.
Varias veces fixo fincapé sobre a necesidade de apostar por unha “gran nación”, “un Estado descentrado pero un Estado”, xa que aos cidadáns interésalles unha nación “forte, non troceada”. Arremeteu contra os socialistas, os que acusou de "romper os consensos básicos e mentir", e tildóunos de deslealtais.
Benvida á campaña
Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño deulle a benvida aos ex presidentes Aznar e Fraga á campaña electoral galega, e aconsellounos que deben "mirar para adiante". No mitin celebrado en Monforte para apoiar o candidato socialista José Tome Roca, asegurou que Galicia avanza, e promoveu o voto ao PSOE "para multiplicar por 315 as políticas de progreso deseñadas pola Xunta".
Touriño volveu indicar que "non ten por que haber unha Galicia de dúas velocidades, non me resigno e non quero" e sinalou que "se traballamos con gañas pronto veremos o fin desa Galicia coxa, mutilada e desequilibrada".
O líder do BNG pola súa parte, fixo campaña no feudo nacionalista de Miguel Anxo Fernández Lores. Quintana centrou a súa intervención en tres eixos, o urbanismo, Ence e as críticas ao Partido Popular.
No referente ás críticas recibidas dos populares polas imaxes que están a aparecer da campaña do BNG, Quintana atribuínas ao bo facer dos nacionalistas. Recordou que o paseo na barca en Monforte “sacáronnos foto porque o BNG recuperou o río”, o voo sobre Carnota “porque o BNG protexeu o litoral” e a foto tocando a batería foi posible grazas a que “o BNG se preocupou de que a mocidade tivese lugares de esparcemento”.
19/05/2007
Manda carallo: pois como sigamos oíndo a súa voz... Por certo, xa se pasou á auga, non?
O melhor é esquecer-se dos rançosos e atender a quem tem propostas de futuro e nom nostalgias do passado. Como dizem na Sexta "bienhumorando", a ver se a alguns se lhes passa o "cabreo".