Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

En folga dende o 3 de maio

Hai acordo no conflito do naval


Etiquetas: naval, metal, Vigo, folga

Silvia Canabal/ C.P.R. AGN (Santiago/Vigo).

Patronal e sindicatos do sector metalúrxico naval da Ría de Vigo chegaron esta madrugada a un primeiro acordo para poñer fin á folga indefinida que dende hai dúas semanas manteñen os traballadores do sector.

O acordo coñeceuse contra as 03:20 da madrugada, tras máis de 16 horas de intensa negociación. O documento terá que ser ratificado mañá venres a partir das sete da mañá nas asembleas de traballadores dos diferentes estaleiros. De ser así, suporá a volta á actividade normal nos centros de traballo a partir do próximo luns. No caso de que os traballadores acepten o pacto, desconvocaranse os paros previstos para a semana que vén aos que estaba convocado todo o sector do metal, incluídas as empresas con convenio propio como é o caso de Citröen.

O pacto acadado establece dous puntos fundamentais. En primeiro lugar obriga a todas as empresas auxiliares a cumprir o 45% de contratos fixos marcado polo convenio do metal. Dálles un prazo de 30 días para facelo, ou do contrario os estaleiros rescindirán os seus contratos coas empresas que incumpran este punto.

En segundo lugar, establece que o encadeamento de contratos laborais sen pasar pola Bolsa de Emprego do sector só se permitirá ás empresas que teñan un 55% de empregados con contratos fixos. A partir de 2008 só a aquelas que cheguen a unha porcentaxe do 60%.

Valoracións
O representante de CIG Metal, Miguel Anxo Malvido, considerou este acordo como un "triunfo" das forzas sindicais. Precisou que a negociación "foi moi complexa" e que tanto unha parte como outra entendían que "o acordo tiña que ser un todo". Malvido engadiu que, en cada un dos puntos de negociación, "demos a batalla as dúas partes".

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), José María Hidalgo, manifestou que "non saímos descontentos porque senón non asinariamos" e referiuse ao acordo como "o típico que non contenta a ninguén polo que debe ser bo para todos".

Pola súa banda, a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela, que mediou nesta mesa de negociación, incidiu na importancia do acordo para a cidade olívica ao permitir restablecer a "paz social" tralas últimas xornadas de protestas nas rúas.

17/05/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso