Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Audiovisual galego

'Os mortos van ás présas' consigue financiamento e retomará a rodaxe en setembro


Etiquetas: cine, audiovisual

Anxa Correa. AGN/Silvia Canabal (Santiago).

O director de 'Os mortos van ás présas', Ángel de la Cruz, anunciou que a película xa conta con financiamento, polo que retomará a súa rodaxe a mediados de setembro, un ano despois de que hai case oito meses se suspendera a gravación por falla de liquidez.

Televisión Española mercará os dereitos da longametraxe, algo sen o que, segundo confirmou o propio director, "sería imposible realizar o proxecto". A produtora de De la Cruz, Artemática Producciones, responsabilizarase de levar adiante o filme, que nun principio dependía de Dygra.

'Os mortos van ás présas' contará ademais co apoio do Ministerio de Cultura, a Televisión de Galicia, a Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo, e empresas galegas como Inditex e Estrella Galicia, entre outras.

Reaxustes
Para poder convertir en celuloide o seu soño, De La Cruz tivo que reformar o guión para "reaxustalo" a un orzamento menor. O proxecto pasa así de precisar 3 millóns de euros a 2 millóns, con copias e publicidade incluídas, a cargo da distribuidora Buena Vista Internacional.

Ángel de la Cruz traballa agora na preprodución da película e na reelaboración do plan de rodaxe para pechar as datas de traballo cos actores e co equipo técnico cos que confía contar para a agardada rodaxe. O director amósase optimista e cre que "vai haber sorte" na compatibilización do traballo do equipo inicial coa rodaxe definitiva de 'Os mortos van á présa'.

Debido aos retoques no guión, o material rodado en cinco xornadas en setembro do ano pasado en Rinlo, no concello lucense de Ribadeo, non poderán ser aproveitado ao non coincidir co guión actual. O equipo terá que gravar todas as escenas, como se dun novo proxecto se tratase.

Filme
'Os mortos van ás présas' será a primeira longametraxe de imaxe real de Ángel de la Cruz. Naceu como unha comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas.

Rosa Álvarez, Neus Asensi, María Castro, Ernesto Chao, Belén Constenla, Antonio Durán 'Morris', Luma Gómez, Chete Lera, Xosé Manuel Olveira 'Pico', Santi Prego e Gonzalo Uriarte, compoñían, entre outros, o elenco inicial da película.

14/05/2007

0'0 (0 votos)

COMENTARIOS

#1 lela
14-05-2007 21:28

Moi boa nova, si señor. Van sendo horas de que haxa máis cine galego.

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Cartaz promocional do filme
Cartaz promocional do filme

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso