Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Videocracia

"Non hai debate". Touriño anuncia a súa ausencia do encontro proposto pola TVG


Etiquetas: videocracia, debate, PSdeG, 27-M, Touriño

Juan Castro (Santiago).

O presidente da Xunta e secretario xeral dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, anunciou que non irá o programa "Hai debate" da Televisión de Galicia porque a súa intención é "non ocultar" ós candidatos a alcaldes "que son os auténticos protagonistas".

Por iso o PSdeG elixíu a López Orozco, actual alcalde de Lugo e que aspira a renovar o seu mandato por ser o "alcalde máis votado, máis valorado e o que ten maioría absoluta", argumentou Touriño. Sinalou que dende o seu partido "non queremos substituír aos candidatos, nin tapar, nin condicionar o debate que se debe producir en termos democráticos en eleccións municipais" e que serán "os que teñen algo que ocultar e tapar os que vaian alí, se senten, e non poñan a quen teñen que poñer".

Afirmou a súa vontade de acudir a un plató de televisión cando sexa candidato á presidencia da Xunta. Apuntou ademais que é o primeiro presidente da Xunta que debate cada semana no parlamento galego.


"Fraude á democracia"
Tanto Anxo Quintana como Alberto Núñez Feijoo xa respostaran afirmativamente á invitación da televisión pública e criticaran o silencio do PSdeG sobre a cuestión. O líder do PPdeG sinalou onte en Bueu que se Touriño non acudía ó encontro "sería un fraude á democracia, e significará que non quere contrastar o seu programa, ideas e opinións".

Pola súa parte, Anxo Quintana manifestara que "o bo en Democracia sería que ir a un debate non fora noticia. O que quere a xente é que deixemos de falar nos mitins e debatamos as nosas ideas".

14/05/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso