Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

27-M

A incógnita continua ¿Haberá debate entre os tres líderes?


Etiquetas: Touriño, PPdeG, PSdeG, BNG, Núñez Feijoo, 27-M, Quintana

Juan Castro (Santiago).

Hai uns días o líder do BNG Anxo Quintana prometía facer unha campaña diferente a do PSdG e do PP. Así está a ser, non tanto polos discursos, que non se alonxan en exceso dos tópicos dos mitins, como polas fotografías que resultan dos seus actos de campaña.

Se a semana pasada sorprendía ós medios emulando a Ringo Starr xunto ó alcalde de Boiro, hoxe descubría a súa paixón polos bolos en Riotorto, se cadra como práctica ante o debate de mañán na Televisión de Galicia.

Sobre este punto, Quintana criticou que o Partido Socialista non confirmara aínda a asistencia do titular da Xunta Emilio Pérez Touriño. "O bo en Democracia sería que ir non fora noticia. O que quere a xente é que deixemos de falar nos mitins e debatamos as nosas ideas".

"Fraude á democracia"
Alberto Núñez-Feijoo tamén confirmou a súa asistencia ó espazo "Hai debate" da Galega, independentemente do que decida o titular da Xunta.  Precisou que se Touriño non acude ó encontro será "un fraude á democracia, e significará que non quere contrastar o seu programa, ideas e opinións".

Feijoo lembrou que a TVG  coa idea de que fosen os líderes das tres forzas políticas con presenza parlamentaria os que acudiran e non un representante designado polos partidos. Por iso fixo un chamamento ó sentido común "para que non se volva a rajar".


Silencio no PSdeG
Pola súa parte, Touriño non fixo ningunha mención ó debate durante a parada que a súa campaña fixo hoxe en Lugo, onde estivo acompañado do alcalde López Orozco e da vicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández De La Vega.

O PSdeG apunta que designará ó dirixente que mellor represente os intereses do partido á hora de plantexar propostas, pero resístese a confirmar se ese podería ser o propio Touriño. Esta opción perde forza mentres se especula coa presencia dalgún candidato das sete grandes cidades. O PSOE destaca a "sorpresa  pola insistencia en debatir así como a permanente presenza dalgúns líderes na TVG".

 

13/05/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Quintana xogando ós bolos en Riotorto (Foto: AGN)
Quintana xogando ós bolos en Riotorto (Foto: AGN)
Feijoo durante un mitin en Bueu (Foto: AGN)
Feijoo durante un mitin en Bueu (Foto: AGN)
Touriño durante un acto de campaña con López Orozco e De la Vega (Foto: AGN)
Touriño durante un acto de campaña con López Orozco e De la Vega (Foto: AGN)

Buscar máis información sobre









Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso