Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

En campaña

Quintana á batería, na busca do voto da mocidade


Etiquetas: política, eleccións, 27-M, Quintana

Ana García (Santiago).

As eleccións déixannos sempre imaxes sorprendentes, divertidas ou estrañas, con políticos facendo o imposible por gañarse o voto dos distintos sectores. Desta vez tocoulle ós novos e o protagonista, Quintana. O portavoz nacional do BNG acudíu hoxe ó local de ensaio de Boiro, co obxectivo de explicar o seu proxecto para a mocidade e atender ás súas preguntas.

Despois de ser recibidos a golpe de baqueta e guitarra eléctrica, tanto Quintana como o alcalde da localidade, Xosé Deira, procuraron amosar, con pouco éxito, as súas cualidades musicais. A demostración non pasou dun par de sons de batería e decidiron pasar directamente ó asunto que os levara ata aló, coas propostas para os mozos. O portavoz do grupo nacionalista comprometéuse a crear unha auténtica 'rede galega de locais de ensaio' así como reiterar o compromiso do seu partido co emprego.

11/05/2007

5'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Anxo Quintana amosou as súas cualidades musicais en Boiro, acompañado do alcalde, Xosé Deira (Fotos: Pepe Ferrín/AGN)
Anxo Quintana amosou as súas cualidades musicais en Boiro, acompañado do alcalde, Xosé Deira (Fotos: Pepe Ferrín/AGN)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso