Redacción (Santiago).
Os medios de comunicación non sempre sabemos atender correctamente as iniciativas que individuos ou colectivos desenvolvedes e os problemas cos que vos atopades. Dende Xeración Web gustaríanos que ti poidas dar a coñecer toda esa actividade, e para iso está Esfera Libre.
Esfera Libre é unha área aberta á participación, elaborada exclusivamente cos contidos enviados pola comunidade.
Terá un espazo propio dentro do xornal, pero os contidos non quedarán recluidos aí, senón que circularán polo resto das seccións do xornal segundo a súa temática e interese.
Podes enviar contido de todo tipo, dende denuncias locais, crónicas deportivas, artigos de opinión, críticas de cine ou teatro, videocreacións...
Se formas parte dun colectivo ou organización tamén podes dar conta da vosa actividade ou dos problemas cos que vos atopades.
Para máis información sobre Esfera libre, ou saber como achegarnos unha información podes visitar esta páxina ou enviar un correo a esferalibre@xeracion.com.
Entre todos os contidos recibidos, sortearemos un regalo cada mes. Nesta primeira edición, o premio será unha videoconsola Nintendo Wii.
¿Anímaste a participar?
10/05/2007