Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Millóns de vacas


Etiquetas: folga, Besbe

Besbe (A Coruña).

Somos millóns de vacas que de cando en vez saen ás rúas de Compostela. A día de hoxe xa está tan de moda manifestarse que o día que non hai unha marea humana en plena reivindicación é un día baleiro, sen caché. As convocatorias galegas van cargadas de desastres ecolóxicos e no seu día conseguiron, marea negra mediante e non sen esforzo, contribuír a rematar co último dinosauro en activo que sobrevivira ao pleistoceno.

Desta vez os dinosaurios son lagartixas de medio pelo coñecidas na súa casa á hora de xantar, aínda así os seus actos a nivel local están violando unha e outra vez a Galiza. O  máis repugnante destas violacións urbanísticas e ecolóxicas é que son feitas á vista de todo o mundo, con descaro e con desprezo e mesmo hai quen bota un riso de satisfacción cando ve mancillada a nosa terra con cicatrices de cemento a carón das praias, con ermos campos de golf, con buracos ocos de canteiras, desposuída da beleza das fragas que xa non existen e chea de verquidos espumosos.

Pero isto non é novo. A dispersión xeográfica e o facer casas nas parcelas arredadas do núcleo de población e ao longo de calquera estrada comarcal ou nacional xa facían da paisaxe galega un caos. Queiramos ou non xa tiñamos unha terra fea e demacrada, inzada de casas e galpóns, unha terra onde é case imposible perderse porque sempre haberá un paisano co seu can nese monte delimitado polas pistas da concentración parcelaria. Aínda así, se bailabamos coa máis fea por iniciativa propia, non era un baile agarrado.

Galiza, a nena bonita de Rosalía dos regatos e das fontes, metamorfoseuouse nunca horrenda terra fea con casas recebadas e hórreos de cemento e as constructoras e demais empresas non fan máis que seguir debuxando a gran escala a maqueta de despropósitos que nós mesmos comezamos. E é agora cando nos decatamos dos pecados que fomos cometendo aos poucos e que sentaron precedente para que xa non a base de amiguismos, se non a golpe de talonario todas estas desfeitas sexan posibles que agora comezamos a parchear coa Lei do Litoral.

Somos millóns de vacas que de vez en cando saímos ás rúas de Compostela e axudados por lagartixas corruptas no medio de 315 concellos non temos prados para pacer.

10/05/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso