Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Informe da ONU

A letra pequena do cambio climático: “o barato sae caro”


Etiquetas: cambio climático, ONU, enerxía

O terceiro informe do Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) da ONU presentado en Bangkok introduce unha novidade sustancial: loitar contra o cambio climático resultará máis barato que seguir de brazos cruzados.

Juan Castro (Santiago).

Segundo o terceiro informe do panel intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) manter o actual nivel de concentración de partículas de dióxido de carbono na atmósfera custará, se temos en conta as súas consecuencias a medio e longo prazo, case o 0'3% do PIB mundial, pero se se conseguise reducir as emisións entre un 50 e 75%, esa cifra reduciríarse ata ó 0'12%. Isto desmonta o prexuizo clásico de que loitar contra o cambio climático resulta demasiado custos.

O IPCC afirma tamén que o prazo para comezar a reducir as emisións de efecto invernadeiro non pode aprazarse máis alá do 2015.  "O mundo necesita reducir as súas emisións de gases contaminantes entre un 50 y un 75% no año 2050 para poder manter o quecemento do planeta en niveis controlables” advirten os científicos.

Impostos, incentivos e reforestación
Os investigadores identificaron algunhas medidas e instrumentos a aplicar nos diferentes sectores económicos. Nos transportes proponse impostos á compra de vehículos para frear o parque automobilístico mundial ou o uso de tecnoloxía híbrida e biocombustibles. 

Tamén se aposta por incentivos financeiros para mellorar a xestión da industria, sistemas agrícolas, recursos forestais e manexo de verquidos.

Divisións gubernamentais
O informe provocou división de opinións. Mentres gobernos de países como España, Alemaña ou Xapón amosan a súa clara preocupación polos efectos do quecememento, outros como Australa, China ou Estados Unidos, que se atopan entre os máis contaminantes, reaccionaron con escepticismo ou tratando de gañar tempo.

O primeiro ministro australiano John Howard asegurou non sentirse impresionado polo novo informe e ratificou a negativa do seu goberno a aceptar o protocolo de Kioto mentres China ou India non comecen a reducir as súas emisións. En Estados Unidos, os demócrtadas queren impoñer por lei unha limitación obrigatoria de emisións de CO2 antes de finais de ano, algo ó que o George Bush se opuxo en repetidas ocasións.

05/05/2007

0'0 (0 votos)

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso