Datos de interés

  • Mércores 14.05.2008

Galiciae, Xeración evoluciona


Etiquetas: Xeración

Xeración.

Hai algo máis de seis meses comezabamos o camiño de Xeración. En Beta por suposto, como todo producto web que non queira quedar fóra da discoteca ‘douspuntocerista’. Pero non era un farol. Nunha realidade que está en permanente reconstrución, ¿como non vai estar en beta un simple xornal dixital?

Rematada esta primeira fase de proba, chéganos o momento de dar un novo paso no noso camiño. Nos próximos días Xeración Web vai evolucionar a Galiciae.com, a nova plataforma web do grupo de comunicación do que formamos parte.

Foron seis meses duros, de moito traballo, nun camiño con varios socavóns onde meter a pata… e abofé que a metemos en moitas ocasións, demasiadas. Novatadas, erros propios de principiantes dos que queremos tomar boa nota para o futuro.

No lado positivo, pensamos que conseguimos o noso principal obxectivo, manter a  “distancia de seguridade” con todos aqueles elementos que perturban o día a día dos medios. Se algo aprendemos nestes meses, é que non é fácil contar as moitas aristas que ten este mundo en apariencia esférico (e achatado polos Polos) . Oxalá poidamos continuar así, porque significará que, mellor ou peor, facemos o noso traballo.

Este é un salto que nos ilusiona moito e que levamos tempo preparando, ás veces incluso a costa de Xeración Web. Galiciae non vai ser un simple redeseño ou unha versión “tuneada” do que vedes agora. Será unha rede de medios na que ademais da ‘semente’ de Xeración se irán integrando pouco a pouco os diferentes medios dixitais do Grupo El Progreso, tanto de aqueles que xa están na rede agora (convenientemente postos ó día) e os están por vir nos próximos meses. 

Algunhas cousas serán semellantes á plataforma actual, e os que pasades habitualmente por aquí notaredes un “aire de familia”. Outras cambiarán de forma notable e, de paso, aproveitaremos para incluír moitas novidades ás que lle levamos tempo dando voltas e que non nos deu tempo a incluír en Xeración. Quedan por diante meses de duro traballo, pero que de seguro serán apaixoantes.

Por suposto, todo isto non vale nada se non podemos contar con vós. Como dixemos hai xa medio ano, gústanos a rede, gústanos o xornalismo e cremos con toda sinceridade e honestidade que xuntos podemos facer un bo traballo. Con vós, todo este camiño será máis fácil. Estade atentos a esta dirección.

Vémonos alí en poucos días. Deica logo ;)

30/11/2007

4'5 (51 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso