Datos de interés

  • Martes 13.05.2008

Recoñecemento

Celanova apoia con máis de 3.000 sinaturas a candidatura de Méndez Ferrín ó Nobel de Literatura


Etiquetas: literatura, Celanova, arte, Nobel

B.V (Santiago).

Ata 3.395 sinaturas apoiarán a candidatura do escritor e intelectual Xosé Luís Méndez Ferrín ó Premio Nobel de Literatura. As firmas foron recollidas pola Fundación Curros Enríquez, afincada no concello ourensán de Celanova, onde Ferrín pasou os anos da infancia.

Así, o Pen Club de Galicia recibirá nestes días unha copia das sinaturas, que irá adxunta ó expediente elaborado polo colectivo para propoñer ó poeta e narrador na Academia Sueca.

A iniciativa comezou no 2002 co gallo da feira de artesanía Raigame, que se celebra en Vilanova dos Infantes. Dende aquel entón, veciños e visitantes foron deixando a súa opinión e as mostras de apoio para Ferrín nun libro que quedou exposto na Oficina de Información e Turismo do Concello de Celanova.

A continuación recolleu o testemuño a Casa dos Poetas, ata o pasado mes de outubro. Foron máis de tres mil as persoas que asinaron para que Méndez Ferrín sexa Nobel de Literatura.

30/11/2007

4'1 (14 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso