Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Forza o pulso

Rusia critica a interferencia de EEUU en Europa


Etiquetas: xeopolítica, Rusia, EEUU, Putin

Xeración /Axencias.

No mesmo día en que se cumpre a promesa de Putin e Rusia abandona o cumprimento do Tratado de Forzas Armadas Convencionais en Europa (FACE), o ministro de Asuntos Exteriores, Serguei Lavrov, acusou indirectamente a Estados Unidos de ter manipulado á OSCE (Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa) ata conducila a unha "grave crise e un réxime irregular".

Mentres o consello ministerial da OSCE que comezou onte en Madrid, Lavrov organizou unha rolda de prensa independente e asegurou que Rusia porá todo o seu empeño en lograr que nesta organización "todos os socios sexan iguais" e non un "instrumento de presión política por parte dalgunha potencia", unha referencia aos EEUU pouco disimulada.

O ministro ruso cre que o consello da OSCE conclúe hoxe sen "lograr superar a súa crise", e que é unha mágoa que algúns dos seus membros se resistan a aplicar as reformas necesarias.

O problema é o escudo antimísiles
O goberno de Putin semella decidido a forzar o seu pulso con Washington pola instalación en Europa de dúas bases do escudo antimísiles norteamericano. Foi ese enfrontamento o que, dende o comezo, motivou a decisión de Rusia de saírse do tratado FACE, considerado un dos máis importantes pactos de seguridade asinados na Guerra Fría.

Putin declarou que a suspensión do tratado, que limita o número de efectivos militares no continente europeo (agás as armas nucleares),  obedecía "as extraordinarias circunstancias que afectan á seguridade da Federación Rusa" e a que "xa non se corresponde coas novas realidades políticas de Europa", por que non ten en conta acontecementos como a desaparición do Pacto de Varsovia.

Moscova insistiu en que a moratoria do FACE non supón un abandono definitivo, mentres que un alto cargo do Ministerio de Defensa, citado de xeito anónimo pola axencia Interfax, afirma que "isto non significa que Rusia vaia comezar a facer movementos de tropas nos seus flancos".

30/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso