Axencias (Santiago).
A Fiscalía do Tribunal Superior de Justicia de Andalucía (TSJA) vén de pedir o "inmediato arquivo" da causa aberta contra catro investigadores do Bando Nacional de Líneas Celulares de Granada, denunciados por un presunto delito de manipulación xenética.
A demanda foi interposta nun xulgado de Santiago por Carmen Areoso, unha compostelá que traballa como colaboradora da emisora relixiosa Radio María.
Nesta liña, o fiscal xefe do TSJA, Jesúa García Calderón, sinala nun escrito presentado no xulgado que os feitos carecen de transcendencia penal e que, polo mesmo, procede arquivar a causa.
Investigación "anticonstitucional"
O fiscal emitiu un ditame despois de estudar o marco normativo existente ó respecto. Repetindo o procedemento seguido noutros casos de semellantes características, interesou o arquivo das actuacións sobre as que agora deberá pronunciarse o xuíz.
A denuncia presentada por Areoso ía dirixida contra catro científicos do Banco granadino, entre eles o actual director e o seu antecesor no cargo. Nela sostiña que investigar con preembrións é anticonstitucional e que supón un atentado contra a vida.
30/11/2007