Axencias (Santiago).
O número de detidos pola súa presunta implicación na trama de corrupción urbanística destapada na localidade murciana de Totana segue medrando.
A Garda Civil arrestou hoxe a outras dúas persoas encargadas da recualificación de terreos a cambio de comisións. Trátase de Juan Francisco Casanova, ex concelleiro do Partido Popular e empresario socio do tamén detido Pedro Martínez, e de Diego Carrión, empresario de Porto Lumbrera que tiña no seu poder documentación pública do concello murciano.
A titular do xulgado de Instrución número 1 de Totana, Asunción Navarro, decidirá hoxe a situación na que quedan os seis detidos o luns no marco desta mesma investigación, bautizada coma 'Operación Totem', e na que hai dous galegos implicados. Os arrestados son xa doce.
30/11/2007