Axencias.
As 56 persoas (sete tripulantes e 49 pasaxeiros) que viaxaban no avión da compañía Atlasjet entre as cidades de Estambul e Isparta morreron cando o aparato se estrelon nas montañas próximas a Keciborlu, pouco antes de chegar ao seu destino.
O presidente de Atlasjet, Tuncay Doganer, confirmou esta mañá que non houbo ningún supervivinte neste accidente ocorrido por causas descoñecidas. Un helicóptero de rescate chegou ata os restos do avión, e comprobou que ningúen saíra vivo.
O avión de pasaxeiros MD 83 despegou de Estambul á 1:55 (00:55 en España) e desapareceu do radar xusto despois de pedir autorización para aterrar no aeroporto de Isparta. Descártase a climatoloxía como posible causa, xa que non había néboa, neve nin ventos fortes, segundo informa a compañía.
Un grupo de expertos atópase nestes momentos buscando as 'caixas negras' do avión para obter máis datos.
30/11/2007