Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

O país, en toque de queda

Fracasa un intento de golpe de estado nas Filipinas


Etiquetas: Filipinas

Xeración /Axencias.

Fracasou en Filipinas un intento de golpe de estado incruento. O xeneral Danilo Lin e o oficial e senador Antonio Trillanes pecháronse xunto a varias decenas de soldados armados, e algúns representantes políticos, nun hotel do distrito financeiro de Manila, Makati, e reclamaron a dimisión da presidenta Gloria Macapagal-Arroyo "lle roubou a presidencia a Joseph Estrada e logo amañou as eleccións de 2004". Ambos os dous líderes rebeldes rendéronse cando as tropas fieis ao goberno asaltaron o hotel.

Trillanes e Lim, que poucas horas antes encabezaran unha marcha xunto a medio centenar de persoas polas rúas de Manila, negáranse a negociar a súa rendición co xefe nacional da Policía, Geary Barias, pero finalmente cambiaron de opinión, porque "se alguén resulta ferido, non queremos telo sobre as nosas conciencias".

O terceiro intento dos mesmos líderes
Estes dos militares xa participaran no motín de Manila ocorrido en 2003, e no falido golpe de estado de 2006, os dous contra a presidenta Macapagal-Arroyo, á que acusan de corrupció,  de apoiar ao grupos armados islamistas e de ignorar os asasinatos de militantes de esquerda. Hoxe Trillanes e Lim debían comparecer nos tribunais para declarar sobre a súa implicación neses feitos

O goberno reaccionou de xeito fulminante, desprazando máis de 1.000 soldados a Manila. "Non imos permitir outro motín", declarou o conselleiro xefe da Presidencia, Sergio Apostol. Ademais, declarouse o toque de queda durante todo o día de hoxe.

Os rebeldes apoian a o ex presidente, Joseph Estrada, quen foi o decimo terceiro xefe do Executivo filipino e resultou derrocado en 2001 por unha revolución popular pacífica, liderada polos seus opositores políticos, membros da Igrexa e empresarios descontentos coa perda de dominio económico.

A pesar de que Lim e Trillanes contaban co respaldo do ex vicepresidente filipino, Teofisto Guingona, os bispos Antonio Tobías y Julio Labayen, e varos destacados políticos de esquerda, que tamén se pecharon con eles no hotel, non lograron, de primeiras, que o groso do Exército se amotinase con eles.

O goberno de Macapagal-Arroyo é cada vez máis impopular a causa dos moitos escándalos de corrupción e da represión violenta. O seu principal logro é unha mellora da economía filipina.

Dez golpes de estado en 11 anos
Dende que o 25 de febreiro de 1986 a protesta pacífica de milleiros de filipinos derrocou ao réxime de Ferdinand e Imelda Marcos, a chamada 'ditadura conxugal', e situou no poder a Corazón Aquino, téñense producido dez intentos de golpe de estado, sete deles durante a presidencia de Aquino (1986-1992).

29/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso