Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Datos provisionais

A inflación aumenta un 4,1%


Etiquetas: ladrillo, inflación

Xeración /Axencias.

A inflación interanual entre novembro de 2007 e novembro  de 2006 aumentou cinco décimas ata o 4,1%, segundo os datos provisionais do Instituto Nacional de Estatística (INE). De confirmarse esta cifra, sería a máis alta dende xaneiro de 2006, cando se acadou un 4,2%.

O INE adiantou onte o Índice de Prezos de Consumo Armonizado (IPCA), que mide os prezos en comparación co resto dos países da zona euro e cuxo dato definitivo coñecerase o 14 de decembro, ao igual que o do IPC español (aínda que ambas as dúas cifras adoitan coincidir). A última taxa de IPC do ano serve para fixar o valor das pensións do ano seguinte e, segundo os cálculos da seguridade social, cada décima que supere o 2% custaralle ao goberno 72 millóns de euros.

Máis de 3.000 millóns para consolidar as pensións
De confirmarse os datos adiantados hoxe o custe da desviación da inflación sobre o obxectivo marcado polo Banco Central Europeo (o 2%) sería de 3.024 millóns de euros, 1.512 millóns para pagar a desviación e outro tanto para consolidala.

O vicepresidente segundo e ministro de Economía, Pedro Solbes, xa advertira que a suba da inflación é a maior preocupación do executivo hoxe en día, xa que "non da sinais de que vaia remitir a curto prazo". O motivo, o de sempre, o prezo do petróleo que leva xa un mes sen baixar dos 90 dólares por barril.

Os pisos hipotecados baixan un 10%
Ademais, o mercado inmobiliario segue perdendo forza. No pasado setembro as vivendas hipotecadas en España eran un 10,39% menos que no mesmo mes do 2006, segundo os datos do INE, aínda que  O prezo das hipotecas medrou un 3,45% nese mesmo período interanual.

O total do capital prestado para hipotecas foron 24,53 millóns de euros, un 8,4 por cento inferior con respecto a setembro de 2006.

29/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso