Datos de interés

  • Luns 12.05.2008

Baloncesto

Manuel Ferández 'Pirulo', ex técnico do Obradoiro, defende a fusión co Rosalía


Etiquetas: baloncesto, Obradoiro

L-V.

Pirulo teno claro. O que fora técnico do Obradoiro no polémico play-off que deu inicio ás demandas do club santiagués hai 17 anos cre que, ante a sentenza que obriga á ACB a readmitir o equipo, este e mais o Rosalía deberían “chegar a un acordo” para que Santiago
contara cun equipo na elite.

“O ideal sería iso. Compostela é unha cidade conflitiva e os dous equipos teñen uns obxectivos moi distintos, pero se coexistisen os dous, acabarían morrendo. Están condenados a entenderse se queren que a cidade conte cun equipo na ACB”, asegurou.

"Persoas moi válidas" nas dúas directivas
Un día despois da sentenza, Manuel Fernández Rey, Pirulo, cre que os directivos do Rosalía e do Obradoiro “acabarán sentando nunha mesa” para artellar unha solución. “Sei que nas dúas directivas hai personas íntegras, moi boas e válidas que poden ser capaces de acadar o obxectivo”, insiste este mito do baloncesto, que volveu agradecer o labor dos que fixeron
posible que non se esquecera o caso Obradoiro.

“É unha alegría e unha satisfacción para min que se fixese xustiza, aínda que fora tan tarde e tamén sinta unha pena enorme por toda a xente que loitara naquel magnífico equipo”, aclara. “Este presidente tivo paciencia e conseguiu algo xusto para todos”, di.

Ademais, Pirulo tamén ten palabras para aqueles que, tanto na Federación Española como nalgúns medios, manteñen aínda que o Obradoiro pretende “un roubo”.“Iso é todo envexa. Non teño cualificativos para esa xente. Ben, si os teño, pero son impronunciables”, remata.

29/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Membros da directiva do Clube Baloncesto Obradoiro, coa sentenza de ascenso á ACB (Foto: Otto. AGN)
Membros da directiva do Clube Baloncesto Obradoiro, coa sentenza de ascenso á ACB (Foto: Otto. AGN)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso