L-V/Axencias.
Sogama, en colaboración co Concello de Santiago, puxo en marcha unha campaña de concienciación e sensibilización escolar sobre a promoción do transporte limpo, especialmente do uso da bicicleta. Os destinatarios desta campaña son os máis de 95.000 escolares de secundaria que poderán participar no sorteo dun total de 40 bicicletas.
Tamén poderán participar todos aqueles que se acheguen ás instalacións de Sogama e que formen parte do programa oficial de visitas establecido para o curso escolar 2007-08. A iniciativa foi presentada no instituto Arcebispo Xelmírez II, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do presidente de Sogama, José Álvarez Díaz.
A bicicleta, medio de transporte
O rexedor compostelán salientou a importancia de que “a poboación máis nova, máis dinámica e sensible desde o punto de vista ecolóxico vaia apostando pola bicicleta como medio de transporte e non só como instrumento deportivo e de ocio”. Ti es a peza que falta, ¡ponte en marcha! é a mensaxe coa se pretende mobilizar á poboación.
29/11/2007