Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Arte

Catorce ilustradores participan na exposición 'Feísmo Ilustrado'


Etiquetas: arte, ilustración, Salnés

AGN.

Catorce ilustradores participan na exposición 'Feísmo Ilustrado', que se poderá ver no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés ata o vindeiro 15 de decembro. Organizada pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, a mostra reúne a visión de artistas gráficos galegos sobre este problema urbanístico e paisaxístico.

Forges, Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Fina Jarama, Xan López, Xaquín Marín, Pinto&Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko Dasilva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois asinan as obras de grande formato que se amosarán baixo o título 'Feísmo ilustrado'. Os visitantes poderán levar gratuítamente reproducións das ilustracións expostas.

A exposición será inaugurada o vindeiro venres pola directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero; o delegado en Pontevedra da Consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla, e o director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, Emilio Martínez.

28/11/2007

4'7 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso