Datos de interés

  • Luns 12.05.2008

Demanda ó Banco de Líneas Celulares de Granada

A ética das investigacións con células nai, ós tribunais


Etiquetas: saúde, Granada, Xustiza

AGN (Santiago).

Cinco científicos do Banco de Líneas Celulares de Granada, pioneiro na investigación médica con preembrións e liñas celulares preembrionarias, terán que comparecer ante os tribunais.

Segundo informa o xornal El Ideal de Granada, a citación xudicial prodúcese en virtude da demanda presentada por unha compostelá no xulgado de garda de Santiago na que expón teorías relativas á protección da vida que, ó seu entender, non son compatibles cos estudos con células nai que se desenvolven no devandito centro granadino.

Vista polo xuíz, a denuncia desembocou na apertura dunha investigación penal, a primeira que se pón en marcha sobre o traballo que os científicos do Banco de Líneas Celulares realizan neste eido da medicina. E non se trata de pesquisar sobre un suposto uso inaxeitado do material que sirve para a investigación á marxe da lexislación vixente, senón sobre o fondo ético da propia investigación.

A demanda, presentada por unha colaboradora da emisora Radio María, sae adiante segundo a súa autora "pola gloria de deus e por ter dado cun xuíz sensible e con conciencia". Segundo a denunciante, o traballo deste colectivo de científicos supón "un atentado en contra da vida".

Tras a estela do PP
Dende o plano político, o goberno do Partido Popular tentara frear xa a iniciativa andaluza coa interposición de varios recursos ante o Tribunal Constitucional, contra a investigación con células nai. Recursos que foron retirados máis tarde polo Goberno de Zapatero, cuxo Ministerio de Sanidade participa na financiación do centro.

Esta é a primeira vez que a iniciativa provén dun particular. A demandante solicita, ademais da comparecencia ante o xuíz dos científicos en calidade de imputados, a consignación no xulgado de artigos publicados por un investigador valenciano que apoia as teorías de anticonstitucionalidade.

28/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso