Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Disturbios en Francia

Sarkozy promete levar ante a xustiza aos que dispararon contra a Policía


Etiquetas: Sarkozy, sucesos, Francia

Xeracion.

O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, prometeu esta mesma mañá que levará ante a xustiza aos responsables dos disparos contra a Policía durante os disturbios ocorridos o domingo e o luns no departamento de Val d'Oise, 20 quilómetros ao norte de París.

Despois de que algúns policías resultasen feridos de bala nas loitas contra a mocidade de Val d'Oise, Sarkozy afirmou ante o hospital de Eaubonne: "Atoparemos aos tiradores. Poremos os medios necesarios, pero os que fixeron isto irán ante a xustiza". Di que o uso de armas de fogo constitúe un "intento de asasinato" e "non é algo que se poida tolerar, sexa cal sexa o drama da morte de dous mozos en moto", en referencia ao suceso que desencadeou os disturbios, o falecemento de dous menores de idade ao chocar cun coche de policía.

Son as primeira declaracións do xefe do Executivo francés sobre esta crise, que se iniciaron cando el estaba de viaxe en China para negociar varios acordos comerciais.

Dispositivo excepcional de vixilancia
Na noite de onte, un destacamento de máis de mil axentes antidisturbios, apoiados por helicópteros, impuxeron a tranquilidade nos arrabaldos pobres parisinos. Houbo 39 detidos e danos en vehículos e papeleiras.

Pola súa banda, a ministra de Interior Michèle Alliot-Marie, asegurou que o dispositivo policial despregado a pasada noite en Val d'Oise, especialmente na localidade de Villiers-le-Bel, manterase todo o tempo que sexa preciso para garantir a fin dos disturbios.

28/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Despregamento policial en Villiers-le-Bel
Despregamento policial en Villiers-le-Bel

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso