Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Querían contactar co exterior

Catro presos secuestran a tres funcionarios nun cárcere de Valencia


Etiquetas: sucesos, Valencia

Axencias (Santiago).

Catro internos do cárcere valenciano de Picassent retiveron durante doce horas a tres funcionarios da prisión. Os retidos foron liberados pouco a pouco sen que se producisen danos persoais nin fose necesario o uso da forza.

Os feitos comezaron no módulo de presos conflitivos do centro penitenciario, cando catro dos reclusos secuestraron ós funcionarios baixo ameazas con obxectos punzantes. Esixíanlle á dirección do centro que lles suministrase drogas e pílulas tranquilizantes, ademais de contacto co exterior. A idea de entregarlles drogas e somníferos foi desbotada a instancias dos servizos médicos, polo risco derivado para o desenlace do incidente.

Segundo fontes de Institucións Penitenciarias, os amotinados empregaran a outro preso como cebo para reter ós funcionarios, e confirmaron que un dos captores participara hai algúns anos na morte dun interno. A partir de entón, comezou un longo proceso de negociación no que participaron activamente os funcionarios retidos, así coma membros da unidade de apoio especializada da Garda Civil.

Liberación paso a paso
Eran as dez da noite cando o subdelegado do Goberno en Valencia, Luis Felipe Martínez, quen confirmou que non había feridos e que se tratara dun suceso localizado nunha zona concreta do centro, que na súa totalidade conta con preto de 2.800 reclusos.

Ó redor da media noite era liberado o primeiro dos funcionarios secuestrados, e soltaron ó segundo media hora despois. Pero as negociacións prolongáronse ata as seis da madrugada, cando o terceiro e último dos reféns abandonaba o módulo no que ficara retido durante case doce horas.

En virtude do sucedido, a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias ordenou o translado urxente dos catro reclusos implicados a outro establecemento carcerario.

Sete motíns en dez anos
Este é o sétimo motín que se produce nos cárceres do estado nos últimos dez anos. O máis grave deles rexistrouse en novembro de 1990 nunha prisión alacantina, cando un grupo de internos secuestrou a catro funcionarios e a dúas mestras. Durante a revolta faleceu un preso e outros dous resultaron feridos.

28/11/2007

4'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso