Mónica Sequeiro. AGN.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asegurou que a futura Lei da Minaría de Galicia, que hoxe pasou o seu primeiro trámite en pleno, solucionará a situación de "alegalidade" na que se atopan un importante número de explotacións na comunidade.
Destacou que se trata de "a primeira normativa" que fai unha autonomía no Estado, xa que a minaría está regulada soamente por unha lei estatal que data de 1973. Por iso, afirmou que "permitirá abrir unha nova etapa" nun sector que conta con 1.600 empresas, máis de 20.000 traballadores, e aporta o 2 por cento do PIB galego. O PPdeG presentou unha enmenda á totalidade do texto, pero foi rexeitada.
Das case 500 explotacións rexistradas en Galicia, 277 están en situación de alegalidade, desde que se aprobou a Lei 9/2002, coñecida como a Lei do Solo, segundo declarou o deputado nacionalista Fernando Blanco Parga (non confundir co Conselleiro).
En concreto, Blanco Pargareferiuse ao caso da explotación que facilitará cuarcita para as cubertas da Cidade dá Cultura, que ao seu xuízo ata coa nova normativa "non será regularizable porque é ilegal".
A Lei da Minaría recibíu duras críticas da asociación SOS Courel porque facilita que se instalen explotacións mineiras en solos rústicos protexidos.
Instituto Xeolóxico de Galicia
Ademais, durante o debate de hoxe, o conselleiro de Innovación, tamén anunciou a creación dun Instituto Xeolóxico Mineiro de Galicia, ao que se destinará un investimento de 1 millón de euros. Afirmou que este novo órgano, que reclama o PPdeG será "unha realidade" e xa se está traballando para a súa posta en marcha en coordinación co Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Coruña.
27/11/2007