Datos de interés

  • Luns 12.05.2008

Entrevista con Rubén González, xogador do Celta

"Estou seguro e confiado. O Celta pode, debe e vai ascender a Primeira División”


Etiquetas: Celta, Rubén González

Miguel Pardo. L-V.

Rubén González é un fixo neste Celta. O pasado domingo, o compostelán estreouse como goleador no equipo vigués cun tanto que salvou un punto en Balaídos.

Malia a mala xeira neste terreo de xogo, o central galego confía na solidez amosada polo equipo tras a chegada de López Caro, non perde o seu optimismo e está convencido de que acabará celebrando o ascenso.

PREGUNTA: Vostede non estará moi afeito a celebrar goles...

RESPOSTA: A verdade é que non, non é a miña tarefa, pero todo o que sexa achegar cousas ao equipo xa vale.

P: ¿Gañou o Celta un punto ou perdeu dous ante o Nàstic?

R: Por ser no último minuto o empate, gañamos un, pero é certo que non nos atopamos cómodos nunca. O Nàstic soubo xogarnos e quitounos o balón, pero as mellores ocasións foron nosas. En canto melloremos o acerto e a sorte de cara á porta, estaremos arriba.

P: Pero os postos de ascenso afastáronse un pouco máis.

R: Si, pero é cedo aínda. Queda moito. Dentro de sete xornadas acaba a primeira volta e aí faremos balance deste inicio.

P: ¿Cales serán os rivais polo ascenso a Primeira?

R: Máis ou menos os que están agora arriba, pero todo pode dar moitas voltas. Nós debemos ter paciencia e seguir mellorando.

P: Vese un equipo máis sólido que con Stoichkov, ¿non si?

R: Si. López Caro é un adestrador ao que lle gusta a intensidade, pero todo é froito do traballo. El e os xogadores traballamos duro toda a semana e vese un equipo sólido e que pelexa moito.

P: Demasiados empates...

R: É certo que hai que gañar canto antes, pero o importante é sumar, porque antes nin empatabamos. A sensación do equipo é boa.

P: Vostede sempre se mostrou moi optimista e convencido do ascenso, ¿por que está tan convencido de que o lograrán?

R: Pénsoo así porque o vexo todos os días nos adestramentos, non só porque eu sexa optimista. Estou seguro e convencido de que acadaremos o obxectivo.

P: Ou sexa, que este Celta ascende seguro.

R: Este equipo pode, debe e vai conseguir o ascenso a Primeira División.

27/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O compostelán estreouse este domingo en Balaídos como goleador do Celta. (Foto: L-V)
O compostelán estreouse este domingo en Balaídos como goleador do Celta. (Foto: L-V)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso