Datos de interés

  • Venres 25.07.2008

O 8 de xaneiro

Os ex primeiros ministros Sharif e Bhutto concorrerán ás elección en Paquistán


Etiquetas: eleccións, Sharif, Musharraf, Bhutto, Paquistán

Xeración (Santiago).

Finalmente, a líder da oposición paquistaní Benazir Bhutto, estará nas eleccións do vindeiro 8 de xaneiro. O prazo para presentar as candidaturas á presidencia do país conclúe hoxe, e tanto o seu partido, o Partido Popular de Paquistán (PPP) coma o do ex primeiro ministro Nawaz Sharif confirmaron a súa presenza.

Dubidábase da presentación destas dúas candidaturas, ante unha posible estrataxema da oposición para boicotear os comicios. Se as eleccións non fosen plurais, non gozarían de credibilidade.

Despexadas as dúbidas, Sharif volveu coa intención de competir polo cargo de Pervez Musharraf, actual presidente, quen o derrocara en 1999 mediante un golpe de estado. E deixou claro que non será primeiro ministro baixo as directrices de Musharraf. O ex mandatario, recén chegado ó país dende o exilio, sentenciou deste xeito a súa postura respecto do réxime do presidente paquistaní.

Dous 'ex', un obxectivo
E nos comicios tamén comparecerá a ex primeira ministra e líder do PPP, Benazir Bhutto. Igual ca Sharif, Bhutto apurou o prazo e fixo oficial a súa candidatura poucas horas antes do peche do prazo par a entrega dos documentos á Comisión Electoral.

Ámbolos dous líderes aseguraron que o seu compromiso será "acabar coa ditadura de Musharraf", logo do decreto do estado de emerxencia por parte deste o pasado 3 de novembro, e que se saldou con miles de opositores detidos. A maioría eran seguidores de Sharif e Bhutto.

Nawaz Sharif xa intentara infrutuosamente de volver ó seu país en setembro, pero o goberno non lle permitiu a entrada e tivo que volver á cidade que o acollera, en Arabia Saudí. Desta volta, as condicións son diferentes, xa que o ex primeiro ministro volvía amparado polo rei Abdalá, quen a semana pasada se reunira con Musharraf.

Rotura do acordo
Dende a volta en outubro da tamén ex primeira ministra, Bhutto, despois de oito anos de exilio, a política paquistamí entrou nunha espiral de disturbios e violentas protestas. A líder opositora regresou a Paquistán como resultado dun acordo co actual presidente, en virtude do cal ela apoiaba a súa candidatura para obter outro periodo no poder e ser ela primeira ministra por terceira vez na historia do país.

Pero o acordo durou pouco. O mandatario declarou en varias ocasións que estaba a ser "forzado a permitir que dirixentes corruptos volvesen ó país". E Bhutto continuou coa guerra de palabras argumentando que só falaba "con ditadores militares polo ben da democracia".

A rotura total chegou da man da crecente impopularidade de Musharraf, agravada pola destitución dun xuíz da Corte Suprema para ser sustituído por outro maxistrado afín ás ideas do presidente, e que lle deixou o camiño libre para a súa reelección.

26/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Sharif e Bhutto presentaron as súas candidaturas para as eleccións de xaneiro. (Foto: hinduonnet.com)
Sharif e Bhutto presentaron as súas candidaturas para as eleccións de xaneiro. (Foto: hinduonnet.com)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso