Xeración /Axencias.
Francia reviviu onte a noite, a menor escala, os disturbios que sacudiron o país en outubro de 2005. A morte onte á noite de dous adolescentes de 15 e 16 anos que chocaron coa súa moto cun coche de policía nunha localidade ao norte de París, desencadeou unha serie de actos violentos polos arrabaldos da capital de Francia, con saqueos, incendios de comercios e coches, e ataques a dúas comisarías.
Segundo a versión policial, o accidente produciuse cando un coche patrulla que circulaba e a velocidade regulamentaria e sen sirena chocou de fronte contra unha moto de cross ao atravesar un cruzamento. As dúas persoas que viaxaban na moto, sen casco, faleceron.
Os disturbios comezaron unha comisaría de Villiers-le-Bel, que foi incendiada. Outra estación de Policía na vila veciña de Arnouville sufriu un saqueo por parte dun grupo de mozos. O balance da noite foi de oito policías e un bombeiro feridos
Os ataques acabaron a primeira hora da madrugada, coa chegada de reforzos policiais, e esta mañá eran visibles varios comercios próximos á estación de Villiers-le-Bel incendiados ou saqueados.
A medianoite, a prefectura (delegación do goberno) indicou que máis dunha vintena de coches e un gran número de papeleiras foran incendiados, así como un gran número de papeleiras.
O alcalde pide que a cidade recupere a calma
O alcalde de Villiers-le-Bel,Didier Vaillant, nunha entrevista á radio France Info, pediulles aos habitantes que fagan o posible "para que a cidade recupere a calma". Vaillant esixiu tamén "unha investigación imparcial e o máis rápido posible" sobre a causa que orixinou os disturbios.
O alcalde insistiu en que se puxeron barreiras en torno aos dous vehículos implicados no sinistro para conservar as probas co obxectivo de que a investigación xudicial aberta onte póidase levar a cabo con obxectividade.
26/11/2007