AGN.
Un operario das obras do AVE Santiago-Ourense sufríu a amputación dun pé esta mañá en Maside (Ourense), tras producirse o envorco dunha máquina, segundo a compañía Fomento de Construcciones e Contratas.
O suceso produciuse ás oito da mañá no lugar de Piñeiro, no municipio ourensano de Maside. O operario traballaba nas obras do tramo Ourense-Lalín, e froito do accidente foi trasladado ao Hospital Xeral da capital ourensana.
Os traballos neste tramo de alta velocidade ferroviaria están sendo executados pola unión temporal de empresas formada por Comsa e FCC. En todo caso, a compañía estatal ADIF xa ordenou ás dúas empresas a apertura dunha investigación para determinar as causas do accidente.
A CIG critica que as présas que os políticos teñen para rematar as obras do AVE so serve para empeorar as condicións laborais e de seguirdade dos traballadores.
26/11/2007