Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Enfrontamentos en Rusia

Garri Kasparov, detido nunha manifestación en Moscú


Etiquetas: Vladimir Putin, Rusia

Xeración.

O líder político e ex axedrecista Garri Kasparov foi detido esta madrugada e condenado a cinco días de cárcere, xunto a outros activistas, por dirixir un acto de protesta en Moscú contra a política do presidente ruso, Vladimir Putin, a só unha semana das eleccións parlamentarias.

Kasparov, candidato ás eleccións presidenciais de marzo de 2008 do movemento A Outra Rusia, declarou que a sentenza contra el "non ten fundamento" e que é "inconcebible" que fose detido so por estar presente nunha manifestación autorizada e con 3.000 persoas. Ao ex campeón mundial de xadrez non se lle permitiu contactar cun avogado.

O líder de A Outra Rusia xa fora detido en outra ocasión, no pasado mes de maio durante o Cumio Rusia-Unión Europea en Samara.

CIncuenta detencións en San Petersburgo
Hoxe houbo tamén protestas en San Petersburgo, onde se celebrou outra manifestación
contra Putín, pero desta vez sen a autorización do Goberno. Varios centos de persoas, militantes de extrema esquerda vencellados ao partido do escritor Eduard Limonov, recibiron unha carga policial.

Cincuenta manifestantes foron detidos, entre eles o xefe da rama local do partido da oposición Yábloko, Maxim Reznik, e o candidato liberal ás vindeiras presidenciais, Boris Nemtsov.

Putin visitará maña San Peterburgo, a súa cidade natal, e non quere correr riscos cos manifestantes.

25/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Garri Kasparov (Foto: Wikimedia)
Garri Kasparov (Foto: Wikimedia)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso