Datos de interés

  • Venres 19.03.2010

Na Feira de Guadalajara

A revista mexicana Reverso publica un monográfico de poesía galega


Etiquetas: libro, arte, literatura

AGN.

A revista mexicana Reverso presentou onte na Feira de Guadalajara a súa nova entrega, que inclúe un monográfico sobre poesía galega. O director da publicación, Carlos López de Alba, subliñou a "magnífica saúde" deste xénero en Galicia.

No mesmo acto, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, referiuse ás pontes recuperadas entre Galicia e México e a persoeiros galegos que viviron no país americano, como Carlos Velo, Lorenzo Varela ou Elixio Rodríguez.

O monográfico recolle poemas de Luz Pozo Garza, Xohana Torres, Manuel Álvarez Torneiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xulio Valcárcel, Xavier Seoane, Chus Pato, Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán Vello, Eva Veiga, Olga Novo, Yolanda Castaño e Emma Pedreira, acompañados por ilustracións de Alfonso Costa.

Presenza propia do libro en galego
O libro galego conta ademais por primeira vez cun stand propio na feira, a través do departamento que dirixe Bugallo. Un total de 18 editoriais galegas están presentes na Feira, que abriu onte as súas portas e que as pechará o vindeiro domingo, día 2 de decembro.

Dentro da delegación galega asisten representantes do Pen Clube de Galicia, que levarán a cabo mañá un acto literario dentro do recinto da feira. Participarán Luís González Tosar, Camiño Noia, Bieito Iglesias e Gonzalo Navaza.

25/11/2007

4'6 (8 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso