Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Tres mortos e 130 feridos nos disturbios en Sucre

A Asemblea Constituínte aproba o groso da nova Carta Magna de Bolivia


Etiquetas: Evo Morales, Bolivia

Xeración.

A Asemblea Constituínte de Bolivia volveu reunirse por primeira vez dende o 15 de agosto, trabada por disturbios e manifestacións, pero sen a presencia dos deputados da oposición, e aprobou "o groso" do texto da nova Constitución Política do Estado, grazas a maioría suficiente de representantes do Movemento ao Socialismo (MAS) de Evo Morales. Aínda será necesaria unha votación artigo por artigo para considerar válida a Carta Magna.

As deliberacións tiveron lugar no Liceo Militar da cidade de Sucre, onde se produciu un forte enfrontamento entre os manifestantes opositores á nova Carta Magna e as forzas da Policía e do Exército, no que morreron tres persoas.

O presidente Evo Morales, nunha mensaxe por televisión, deu xa por segura a aprobación da nova Carta Magna e pedíu unha investigación "urxente e imparcial" para averiguar quen foron os responsables dos disturbios ocorridos durante todo o día en Sucre. Tamén declarou que, para el, o principal sospeitoso é Jorge Quiroga, líder da alianza dereitista Poder Democrático e Social (Podemos).

A gran promesa de Evo Morales
Reformar a Constitución para darlle máis representación aos indíxenas fora unha das principais promesas da campaña de Morales, elixido presidente no 2005. Pero dende o momento en que se formou a Asemblea Constituínte, hai hoxe 16 meses, as manifestacións en contra foron continuas e impediron os traballos de redacción da nova Carta Magna.

Un dos principais puntos de desacordo foi o establecemento da capitalidade do País. Sucre, situada no surleste, foi a capital de Bolivia atan 1899, ano no que as institucións trasladáronse a La Paz, no oeste. Agora os sucrenses queren recuperar o rol de principal cidade de Bolivia e convertéronse nun dos principais opositores a unha reforma constitucional que non contempla esa posibilidade.

O enfrontamento entre leste e oeste
Esta rivalidade local esconde, en realidade, o enfrontamento entre as comunidades indíxenas máis pobres do oeste do país, os principais defensores de Evo Morales e o MAS, e os bolivianos ricos do leste. A reforma Constitucional está tamén encamiñada a aumentar o control do Estado sobre os recursos naturais, algo que non gusta nas rexións onde hai máis empresas instaladas.

Morreron dous manifestantes e un policía
Nos disturbios morreu un avogado de 29 ano, Gonzalo Durán, por mor dun disparo no peito, e alomenos tres estudantes resultaron feridos. O ministro de Goberno, Alfredo Rada, declarou que se descoñecen as circunstancias da morte de Durán, porque as Forza de Seguridade non empregaron armas letais.

Ademais, o policía Jhimmy Quisque faleceu tras ser linchado polos manifestantes e outros tres axentes resultaron feridos, segundo o comandante nacional da Policía, Miguel Vázquez. Tamén finou un estudiante, cuxa indentidade non se fixo pública, e houbo alomenos 130 feridos.

O prazo para presentar o texto da nova Constitución finaliza o 14 de decembro, por lei, o que motivou que a Asemblea se volvese reunir para traballar contra reloxo, a pesar das constantes protestas. Os partidos da oposición, consideran que as deliberacións da Constituíntes son ilegais "porque se realizan entre fusís e baionetas". A presidenta da Asemblea

25/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Barricadas en Sucre (Foto: AFP)
Barricadas en Sucre (Foto: AFP)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso