Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

'Revivir o espírito de loita'

Muxía busca voluntarios para festexar o quinto aniversario do Prestige


Etiquetas: Prestige, Muxía, troula

A.C.B. AGN.

O concello coruñés de Muxía convoca a todos os voluntarios que axudaron ao pobo a loitar contra a marea negra do Prestige, hai xa cinco anos, para que volvan pola localidade, esta vez para asistir a unha macrofesta organizada polo Concello para os días 7 e 8 de decembro.

Na súa honra, inaugurarase a praza 'Coído do Voluntario', onde se prevé erixir un monumento nos próximos anos, e unha Sala Museo do Voluntario, que presentará unha exposición de fotografías e obxectos dos que contribuíron a combater o chapapote.

A organización contactou xa con 15.000 dos máis de 70.000 voluntarios que pasaron por Muxía desde distintas comunidades autónomas e países para "sacarnos do peor momento da nosa historia", segundo recoñeceu o alcalde, Félix Porto.

''Revivir o espírito de loita''
A idea de render esta "merecida homenaxe" xurdiu xa a mediados de 2003, cando "comezou a desaparecer a marea branca da costa galega". Así o recordou Ignacio Castro, xerente da Confraría de Pescadores de Muxía, quen anunciou nunha rolda de prensa en Santiago que se trata do primeiro dunha serie de tributos que Muxía renderá cada ano aos voluntarios.

O obxectivo da iniciativa é "revivir o espírito daquel momento de solidariedade, traballo e loita", segundo explicou Castro. Así, volverán improvisarse carpas para acoller aos voluntarios que queiran asistir á celebración e que non atopen aloxamento no concello, e ofrecerase unha comida de confraternización cos voluntarios, que contan coa implicación dos veciños.

A situación é, con todo, distinta á que se vivía hai cinco anos, xa que a costa atópase "bastante recuperada" grazas ás "miles de toneladas retiradas" e á "natureza que axudou". Con todo, o "desánimo entre os traballadores do mar provocou unha importante perda de poboación", afirmou o rexedor de Muxía.

Troula e reflexión
As actividades inclúen ademais pasarrúas a cargo de grupos folclóricos altruístas da comarca, monólogos a cargo de actores, e un concerto a partir das 23 horas do día 7 no que participará o grupo Ruxe-Ruxe.

Ademais, están programadas catro mesas redondas para o día 8, acerca das consecuencias do Prestige, o voluntariado, o papel dos medios de comunicación e o movemento social Nunca Máis.

24/11/2007

5'0 (9 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Muxía quere agradecer a solidariedade dos voluntarios (Imaxes: Concello de Muxía)
Muxía quere agradecer a solidariedade dos voluntarios (Imaxes: Concello de Muxía)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso