Datos de interés

  • Xoves 18.03.2010

Censura?

Turquía controlará os contidos de Internet para previr crimes


Etiquetas: Turquía, censura, privacidade, internet

Xeración (Santiago).

O debate sobre o control dos contidos en internet e os lindes da liberdade de expresión chegan a Turquía. O Goberno emprendeu a vixilancia das informacións publicadas na rede co obxectivo de previr posibles crimes. Sen embargo, hai quen dubida da boa vontade gobernamental, e moitas organizacións de xornalistas puxeron xa o berro no ceo. Pensan que a nova lei vai ser aproveitada para o exercicio da censura.

Nesta liña, a disposición legal recentemente introducida establece que oito potenciais delitos poden estar estreitamente vixiados: os crimes contra Mustafa Kemal 'Atatürk', fundador da Turquía moderna, o abuso sexual de menores, o uso e promoción de drogas, propagar mercadorías que perxudiquen a saúde, contidos obscenos, prostitución e os xogos de azar.

A liberdade de expresión como linde
Para previr o acceso a páxinas web deste tipo requírese dunha resolución xudicial, se ben a fiscalía pode decretar a prohibición pola súa conta en casos de emerxencia. Dende as asociacións de xornalistas queren deixar un matiz claro: unha cousa é retirar dunha páxina material que puidese ser obxecto de delito, e outra moi distinta é pechar a web. Consideran que esta última decisión violaría o dereito á liberdade de expresión.

Pola súa banda, dende o Consello de Telecomunicacións aseguran que o cumprimento da lei non se baseará nas súas propias decisións, senón en criterios de alcance internacional. E que, en ningún caso, esas medidas se chamarán censura.

23/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso