Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

Asemblea aprazada

O Líbano escollerá presidente o 30 de novembro


Etiquetas: eleccións, Líbano

Axencias (Santiago).

O Líbano non escollerá presidente ata o vindeiro 30 de novembro. A asemblea que tiña que celebrarse hoxe foi aprazada, despois de non conseguir un acordo para sustituír ó actual xefe de Estado, Emile Lahud, cuxo mandato expira mañá.

O presidente do Parlamento libanés, Nabih Berri, decidiu o aprazamento excepcional "para permitir consultas adicionais que permitan un consenso para a elección dun presidente". A escolla do futuro mandatario traduciuse nunha crise tanto para o país coma para Occidente, que ve moi lonxe as posibilidades do acordo.

Este xoves, os ministros de Exteriores de Francia, Italia e España coincidían ó sinalar que no Líbano tería que producirse "un milagre" que permita a elección antes de que se esgote o prazo constitucional.

Proposta 'in extremis'
Os deputados da maioría reuníronse pola vía da urxencia para estudar a última proposta do líder cristián Michel Aoun: a candidatura de Pierre Daccache e o reparto equitativo dos escanos parlamentarios e dos ministerios importantes. A moción foi rexeitada por "anticonstitucional".

Nunha tentativa de conseguir un candidato consensuado, Aoun propuña a escolla dun presidente que non fose do seu grupo, mentres a oposición fai o propio cun primeiro ministro que non proceda das súas filas. O plan completábase coa idea de que o presidente ficase no cargo unicamente dous anos, ata a celebración de eleccións municipais, fronte ós seis actuais que establece a Constitución.

A proposta do líder cristián foi rexeitada polas Forzas do 14 de marzo, a coalición antisiria que é maioritaria na lexislatura. Precisamente esta coalición que conta con 68 dos 127 asentos no Parlamento, ameazou cunha votación por maioría simple se non se acada un consenso.

23/11/2007

4'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso