Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Colocadas en xulgados

Tres bombas deixan 11 mortos ó norte da India


Etiquetas: terrorismo, violencia, sucesos, India

Axencias (Santiago).

Polo menos once mortos. Este é o tráxico balance do estoupido de tres bombas situadas nas sés dos xulgados de tres cidades do norte da India. As explosións producíronse de maneira case simultánea.

O suceso, cualificado de "ataque terrorista" polo Ministerio do Interior do país, produciuse nas localidades de Lucknow, Benarés e Faizabad, todas elas situadas na rexión máis populosa da India, Uttar Pradesh. Polo menos sete persoas perderon a vida no atentado na segunda das cidades, mentres que na última delas as autoridades confirmaron catro mortes.

O número de vítimas en Lucknow descoñécese polo momento, xa que o estoupido foi, segundo a policía, de baixa intensidade.

Os avogados, posible obxectivo
Tódalas bombas estalaron preto dos xulgados, polo que se baralla a posibilidade de que os autores tivesen como obxectivo ó colectivo de avogados que, segundo o director xeral da Policía de Uttar Pradesh, recentemente se negaran a defender a varios terroristas.

As autoridades apuntaron a que os tres artefactos semellan obra dun mesmo grupo, aínda que polo de agora non hai probas que confirmen un ataque terrorista.

23/11/2007

4'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso