Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Paquistán

Musharraf xoga na casa


Etiquetas: Bhutto, Musharraf, Paquistan

Xeracion.

Pervez Musharraf, presidente de Paquistán, tenta forzar a golpe de autoritarismo a súa permanencia no poder. O xeneral paquistaní aprobou unha reforma constitucional por decreto, na que se dota de poderes que lle autorizan a declarar o estado de excepción e dálle 'legalidade retroactiva' a todas as decisións que tomou dende o 3 de novembro. Ademais, líbrase da única demanda aínda vixente contra a súa candidatura á reelección nos vindeiros comicios do 8 de xaneiro, que hoxe foi arquivada polo novo Tribunal Supremo.

O novo Supremo escollido por Musharraf tras o seu 'autogolpe de estado' xa rexeitara cinco das seis causas pendentes contra Musharraf. Agora, a reforma constitucional dota ao máximo órgano lexislativo do país da capacidade de arquivar demandas sen que teñan que pasar antes por ningún outro xulgado. Con estas novas condicións, o actual presidente do Supremo, Abdul Hamid Dogar, simplemente abriu a carpeta da última denuncia e dixo: "Desestimada".

As investigacións de Iftikhar Chaudhry
Anteriormente, o Tribunal Supremo, baixo a presidencia do cesado  Iftikhar Chaudhry, iniciara investigacións sobre a legalidade de que Musharraf fose candidato á xefatura do Estado sendo ademais o máximo dirixente do exército. O xeneral paquistaní non quixo esperar a que se emitise un veredicto e proclamou o estado de excepción o 3 de novembro, renovando por completo o Supremo con xuíces afíns, e agora logrou eliminar, sobre o papel, todos os obstáculos legais á súa candidatura. 

Así a todo, terá que abandonar o poder militar para seguir sendo presidente, tal e como lle reclamaron os EEUU. É o que el chama "transición a unha democracia civil", que comezou a publicitar estes días coa liberación de milleiros de presos políticos. Un dos indultados foi o líder opositor Imran Khan, antiga estrela do criquet, que chamou inmediatamente a un boicot electoral.

A oposición podería boicotear os comicios
Os partidos da oposición non viron con bos ollos o método que empregou Musharraf e Kahn recolleu o sentir xeral nas súas palabras: "É un completo fraude. Participar nestas eleccións significaría lexitimar que Musharraf viole á Constitución". Agora, boa parte da credibilidade deses futuros comicios descansa na decisión de Benazir Buttho e o seu partido, o PPP, xa que se ela non se presenta, a votación tería pouca validez aos ollos da comunidade internacional.

EEUU aínda apoia a Musharraf
O principal valedor de Musharraf seguen a ser os EEUU. Aínda que as súas manobras políticas espertan desconfianza na Administración Bush, o xeneral paquistaní ten ao seu favor o feito de ser un inimigo declarado do islamismo.

As milicias pro talibáns da rexión noroeste de Paquistán, territorio da etnia pashtun, lograron grandes victorias contra o desmoralizado exército antes e despois do estado de excepción, pero os EEUU non queren un presidente que negocie con elas. O último que lle gustaría á Casa Blanca sería a presenza islamita no goberno dun país con arsenal nuclear.

Pero non toda o mundo é tan permisiva. A Commonwealth está a considerar un  bloqueo comercial contra Paquistán por mor do estado de excepción. Xa o fixera en 1999, cando o xeneral Musharraf instalouse no poder nun golpe de estado pacífico e apoiado polo exército.

21/11/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso