Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Contra unha medida do Goberno

Cinco das provincias máis ricas piden 'desobediencia civil' en Bolivia


Etiquetas: Bolivia, Evo Morales

Xeración (Santiago).

O chamamento á desobediencia civil de cinco rexións opositoras ó goberno de Evo Morales convertiuse nun elemento máis de polarización en Bolivia, un país marcado polos conflitos dunha Asemblea Constituínte que pretende abrir sesións tres meses despois do seu peche forzado.

Desta vez, os gobernadores das cinco provincias, das máis ricas de Bolivia, pediron "resitencia democrática" para evitar que o goberno de Morales recorte presupostos rexionais que quere empregar para pagar unha renda á terceira idade. As cinco zonas rebeldes son Cochabamba, Pando, Beni, Tarija e Santa Cruz de la Sierra.

A situación no país é tensa, xa que os mandatarios din que o presidente boliviano pretende impor o estado de sitio, para encarcelalos. E todo baixo a dirección de Hugo Chávez dende Caracas. Pola súa banda, dende La Paz consideran que o chamamento á resistencia foi orquestrado dende os Estados Unidos.

Morales fala de 'sedición'
Evo Morales cualificou de "sedición" o chamamento á desobediencia, que incluía persuacións e protestas, así coma a intervención non violenta de oficinas públicas. "É evidente que non estamos de acordo coa nosa norma -dixo Morales- pero eu xurei para facer respectar a Constitución Política do Estado e para facer respectar a lei".

Alimentando tamén a tensión está a Asemblea Constituínte, onde o pasado martes chocaron universitarios opositores con campesiós leais ó presidente. O enfrontamento culminou coa saída á rúa de miles de simpatizantes do goberno boliviano, e obrigaron á Constituínte a suspender a súa sesión o día no que intentaba reanudar a actividade. "Estamos fartos de que os senadores da oposición non traballen e só se dediquen a perxudicar ás persoas que máis o necesitamos", dicía o dirixente cívico Jorge Choque.

Sen constitución
A pouco máis de vinte día para que se cumpra o prazo para a entrega da nova Carta Magna, unha das promesas electorais de Morales, os asembleístas non aprobaron aínda ningún artigo. As últimas disputas entre o oficialismo e a oposición, que retrasan a redacción do documento, xurdiron a raíz da esixencia de parte da poboación de que se "actualice" na nova constitución a ubicación da capital do país.

Nesta liña, os seguidores de Morales pretenden que se designe a La Paz como sé do goberno, mentres a oposición prefire que o Poder Executivo e o Lexislativo se retiren da cidade. Dende finais do século XIX La Paz é a capital na práctica, pese a que na teoría é Sucre o lugar que figura con esta distinción.

Para a semana que vén están convocadas dúas marchas máis, unha de campesiós e outra de produtores de coca, que chegarán á capital para aumentar a presión sobre o Senado e os asembleístas.

22/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

En xaneiro, Morales cumpre dous anos á fronte do país máis pobre da rexión latina. (Foto: Wikimedia Commons)
En xaneiro, Morales cumpre dous anos á fronte do país máis pobre da rexión latina. (Foto: Wikimedia)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso