Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Péchase a investigación

Arquivada a causa aberta polo accidente do Yak-42


Etiquetas: sucesos, Xustiza

Axencias (Santiago).

A causa aberta en relación co accidente do avión Yak-42 polas irregularidades durante a identificación dos cadáveres foi arquivada. O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska adoptou esta decisión nun auto no que explica que, pese a tratarse dunha conduta grave, os feitos non encaixan no delito de falsidade documental e non revisten "relevancia penal".

Aínda así, deixa aberta a vía para que os afectados esixan responsabilidades por outras vías que non sexan a do penal.

Co arquivo das dilixencias, o xuíz pecha a investigación sobre o accidente aéreo no que morreron 62 militares españoles. En agosto sobreseeuse definitivamente a parte da investigación relacionada coa contratación do avión.

Os feitos
O accidente do Yak-42 produciuse o 26 de maio do 2003 en Turquía. Nel perderon a vida 62 militares españoles que volvían de cumprir misión en Afganistán. Foi o sinistro que máis vítimas tivo nas Forzas Armadas no tempo de paz, e as identificacións dos cadáveres realizaronse en pouco máis dun día. Correron a cargo dun equipo forense enviado polo Ministerio de Defensa, que daquela dirixía o popular Federico Trillo.

22/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso